Amosando publicacións coa etiqueta Paso Canadense. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Paso Canadense. Amosar todas as publicacións

domingo, 15 de febreiro de 2009

Paso canadense renovado?

Os amigos de Certo preguntáronme que había pasado con aqueles pasos canadenses que denunciara na súa web. Demoreime en contestarlles porque non quería pecar de incauto ou mentir. Ano e pico despois desa denuncia, pasei por alí e tomei novas fotos nas que estaban peor, pero non podía nin debía comentar nada ou subilas fotos, sen antes comprobar novamente como seguían.

Aproveitando a xornada soleada de hoxe dei unha volta polo monte, e como é subida obrigatoria, pasei por alí comprobando que algo se rectificou e incluso se renovou, aínda que deberon volver a usar máis area que cemento, tal e como poden comprobar.

Con todo isto segue un problema latente, unha manada de cabalos deixou as súas pegadas a carón da aldea de Resúa, o que quere dicir que ou pasan polos pasos ou o aramio non fai a súa función.

Aquí vemos que non so foi reparado, se non que se renovou

Como poden ver á dereita, o formigón desfaise de novo

Aquí segue o ferro ao aire co conseguinte perigo para peóns e coches

xoves, 22 de maio de 2008

Paso canadense desaparecido

Cando accedín ao cargo de secretario había pendente de execución un acordo entre a Comunidade de Montes e os gandeiros, polo cal a Xunta de Galicia tiña que facernos unha serie de traballos no monte.
Un acordo consistían en facelo peche gandeiro e habilitalos pasos canadenses oportunos para evitar a entrada de animais ás zonas excluídas para o pastoreo, ás novas plantacións e que baixasen ás propiedades e ás estradas ou pistas.
O 20 de maio de 2006 preto do pozo contra-incendios da Cova dos Lobos, tomei estas fotos. Esta pista en concreto é a máis usada por todo mundo para baixar das aldeas de Cures a Nebra.


O 29 de novembro de 2007 aínda que o entorno pareza que non teña nada que ver coas fotos anteriores, desgraciadamente esta sacada dende o mesmo punto de referencia. Así foi como me atopei coa sorpresa de que o paso desapareceu, quedando eses ferranchos ao aire, co perigo de que se alguén circula de noite e non os ve, poida ter un serio contratempo.
Supoño que todos saben que se alguén sofre un fatal accidente, a responsable civil subsidiaria sería a Comunidade. No peor dos casos e se esta non tivese os suficientes fondos para cubrir esa posible responsabilidade, a Xustiza iría sobre nós, os comuneiros e comuneiras, xa que o monte é inembargable. Explico todo isto, porque o presidente cando advirto disto, atrevese a dicir que non é verdade.


Na Asemblea Xeral celebrada o 13 de decembro de 2007, ademais de informar disto na asemblea e pedir un informe, transcorridos os 15 días de rigor para contestarme non se me entregou nada. O curioso é que o presidente segundo me comentou xa o sabía, pero á vista esta que tampouco fixo nada para arranxalo problema.
O 7 de marzo de 2008 volvo a pasar pola zona e alí segue latente o perigo tal é como se pode comproba na foto.


O 26 de marzo noutro dos meus recorridos habituais polo monte,encontreime con esta manada de cabalos pastando na Cova dos Lobos, zona como se sabe excluída para o pastoreo. É de supoñer que por algún sitio tiveron que eludilo peche, ben polos pasos ou por algunha zona do aramio. Non era a primeira vez que me encontro con eles, nin a última, o que pasa é que non sempre levo comigo a cámara.


Pregúntome de que vale gastar centos de miles de euros en facelos peches gandeiros e plantacións, se despois os animais campan as súas anchas como antes?