Amosando publicacións coa etiqueta Quilmas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Quilmas. Amosar todas as publicacións

xoves, 10 de maio de 2012

Mercado ecolóxico-tradicional

Equipo da Raínha Lupa, facendo o xantar despois dunha xornada de moito traballo.
De esquerda a dereita: Emile, Manu, Marga, Xosé Manuel, Lucía, Salomé e Zeca.

Moi boas,

Comunicarvos que Quilmas acolle a 4ª edición do MERCADO ECOLÓXICO- TRADICIONAL "pola defensa da terra" durante toda a xornada do domingo 20 de maio.

Esperamos que sexa do voso interese.

Saúdos

Coop. de Agricultura Ecolóxica
Rainha Lupa S.Coop. Galega


T.E 697 36 41 24
981 760227

xoves, 7 de outubro de 2010

ECO2XORNADA en Quilmas

Colectivo Raínha Lupa
Estimad@s tod@s:

O Domingo 10:10:10, día pela redución de CO2 na atmosfera a 350 ppm, terá lugar en Quilmas-O Pindo (Carnota) unha xornada reivindicativa e de reflexión sobre a gran carga contaminante que está a supor para a terra os malos hábitos de "desenrolo" do ser humán. As visións a curto prazo poñen en perigo a vida, tal e coma agora a conhecemos, no nosso planeta. A xornada terá como obxectivo analisarmos as posibilidades que temos de influir no nosso entorno mais próximo para realizar trocos substanciais na sociedade e como reducilo impacto sobre o medio natural.

Esperamos que poidades asistir.

Pertas

Para calquera información: casadareinalupa@hotmail.com

Aquí poden coñecer algo máis sobre os traballados levados a cabo polo colectivo Raínha Lupa de Quilmas.