Amosando publicacións coa etiqueta eleccións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta eleccións. Amosar todas as publicacións

domingo, 1 de marzo de 2009

Ao novo goberno

Dende esta bitácora quero aproveitar para pedirlle ao novo presidente Alberto Núñez Feijoo, que non cometa erros pasados, que saque a mellor das conclusións e que non-lles falle aos que confiaron nel, nin aos aos que non o votaron ou votamos.

Quen me coñece sabe que militante moitos anos no BNG, e por primeira vez nunhas eleccións autonómicas non votei por el porque me defraudaron a nivel do goberno, en cuestións relativas á Comunidade de Montes e persoalmente.

Despois de anos sendo consecuente co meu ideario decanteime polo voto en branco, onde os que eliximos esta opción superamos amplamente ao cuarto partido en porcentaxe de votos.

Resultados en Galiza: http://resultadoseleccions.xunta.es/11AU/FTOP11_L2.htm

Concellos de A Coruña: http://www.elcorreogallego.es/galicia/elecciones/resultados

Porto do Son 
-->

Censo
PP
PSOE
BNG
Otros
Blanco
Nulos
Abst.
8.227
2.774
1.672
997
135
79
53
30,59%
-->
Nebra

Censo
PP
PSOE
BNG
Otros
Blanco
Nulos
Abst.
721
294
126
64
10
6
8
30%



domingo, 22 de febreiro de 2009

Local veciñal, de amigos ou do Bloque?


Hoxe atopeime con este cartel anunciando un mitin no noso local, o mesmo que se lles nega aos xoves de AFUNE (Asociación polo Futuro de Nebra), fillos de comuneiros e comuneiras de pleno dereito na comunidade ou se-lles esixen condicións non adecuadas aos seus actos, por parte do presidente.

Aparte deste acto enriba anunciado, xa se levaron a cabo outros, como foi un curso para manipulación de herbicidas (os asistentes tiveron que pagar unha cota para o exame), un curso de poda, unha reunión da Delegación de Medio Rural e actualmente, realizase algún curso máis.

Á vista disto non entendo que, para eses eventos si se de permiso, e á citada Asociación se lles negue.

Nunha ocasión o tesoureiro aduciulles que hasta que estivese terminado non se podían autorizar o seu uso e noutra é o presidente o que lles argumenta que non necesita papeis: presta as chaves para o acto coa condición de que, de chegar o día solicitado e a Xunta Reitora necesitalo, deberían trasladar o acto ao sóutano -non está adaptado-.

Dado que as solicitudes facíanas coa suficiente antelación para no interferir no normal desenrolo da comunidade e ademais, como se reflexa nelas, só pretendían facer unha exposición, non resulta coherente a explicación do presidente, e a ilóxica resposta do tesoureiro.