domingo, 15 de febrero de 2009

Paso canadense renovado?

Os amigos de Certo preguntáronme que había pasado con aqueles pasos canadenses que denunciara na súa web. Demoreime en contestarlles porque non quería pecar de incauto ou mentir. Ano e pico despois desa denuncia, pasei por alí e tomei novas fotos nas que estaban peor, pero non podía nin debía comentar nada ou subilas fotos, sen antes comprobar novamente como seguían.

Aproveitando a xornada soleada de hoxe dei unha volta polo monte, e como é subida obrigatoria, pasei por alí comprobando que algo se rectificou e incluso se renovou, aínda que deberon volver a usar máis area que cemento, tal e como poden comprobar.

Con todo isto segue un problema latente, unha manada de cabalos deixou as súas pegadas a carón da aldea de Resúa, o que quere dicir que ou pasan polos pasos ou o aramio non fai a súa función.

Aquí vemos que non so foi reparado, se non que se renovou

Como poden ver á dereita, o formigón desfaise de novo

Aquí segue o ferro ao aire co conseguinte perigo para peóns e coches

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.