domingo, 8 de febrero de 2009

Medio Rural non contesta

pista balado 2

Despois da entrevista mantida o 26/10/2008 na Delegación de Medio Rural cun funcionario que, confirmounos ter listo o informe desta expropiacion ilegal, así como as copias das actas remitidas pola directiva onde se daba conta da aprobación da pista e que nuns día remitiría toda documentación a meu pai, transcorridos máis de 7 meses dende que lle solicitou por escrito ditos documentos, aínda non lle contestaron. Terá algo que ver que esas actas, se é que as hai, foron levantadas con posterioridade aos feitos denunciados?

Mentres fun o secretario non consta en ningunha reunión que fose aprobada pola Xunta Reitora ou a Asemblea Xeral e tampouco, que meu pai e os demais propietarios autorizase atravesarlles os agros. Iso si, como o presidente levantou unha cando me expulsou, agardo que non a falsificase para implicarme nesta grave irregularidade e despropósito.

Tal e como consta no libro de actas, algunhas delas apoiadas por soporte informático, sempre emitín informes nas reunións da Xunta Reitora ou Asemblea Xeral sobre cales eran os pasos previos para actuar a comunidade en temas como: apertura de pistas; contratación de persoal para traballos; creación de peches gandeiros, etc. Informes aos que nunca me fixeron caso e aí están as probas para ver.

É certo que os catro directivos analizábamos nas nosas reunións de «taberna», temas e propostas que despois trasladabamos aos vogais, porque nós coma directivos «outros si o tiveron e case arruínan á comunidade», non temos poder decisorio sobre ningún acordo fora das normas legais e de aprobación da comunidade, como son a Xunta Reitora ou a Asemblea Xeral.

Neste caso non pasou ningún deses tramites e coma secretario fun o último informado da ilegalidade cometida, polo tanto, e dado que o funcionario co que me entreviste era avogado, podo entender de cales son as causas polas que non remitiron o informe. O que máis me cheirou foi que me dixera que dende Santiago ou o que é o mesmo, dende a Conselleira, presuntamente dixéranlle que se meu pai non estaba de acordo que fose pola vía xudicial. Claro, un contencioso contra Xunta de Galicia, coma se meu pai non tivese máis onde gastala súa pensión!

Sen entrar na vía xudicial a única saída que lle quedaba para salvagardalos seus dereitos, era acudir ao Valedor do Pobo, pero ao pasar máis dun ano, de aí supoño silencio administrativo de Medio Rural, xa non lle tramitaría nada.

Así está penada unha: expropiación ilegal
En España a expropiación rexese pola lei de 1954, feita en tempos de Franco que, quizais, non estaría mal do todo se a Xunta de Galicia a acatase. Fala dun proceso de expropiación en dúas fases, con baremos axustadas aos prezos de mercado. Como non contempla a existencia de administracións autonómicas, fala de que os que expropian son os ministerios, e o mediador cos expropiados son os gobernadores civís.

Hai un artigo do Código Penal Español, o 541, que castiga a expropiación ilegal. Textualmente di: A autoridade ou funcionario público que expropie a unha persoa dos seus bens fora dos casos permitidos e sen cumprir os requisitos legais, incurrirá en penas de inhabilitación especial para o emprego o cargo público dun a catro anos e multa de 6 a 12 meses.
Perante o franquismo os montes comunais foron expropiados ilegalmente aos veciños, porén aínda sendo unha Ditadura, respectaron os enclaves privados que había, como é o caso que me ocupa. E agora, estando en Democracia, cuns directivos prepotentes e coa colaboración dunha administración sen precedentes, saltándose tódolos trámites legais fixeron o que lles petou.

Recoméndolles esta xoia da axencia audiovisual galega referente á expropiación ilegal no franquismo dos montes, Nela poderán ve-lo documental que me lembra o que-lle escoitaba de rapaz a miña avoa paterna e aos veciños, de como lles obrigaran a desfacerse e malvender das poucas ovellas e cabras que tiñan para poder subsistir: O monte é noso

1 comentario:

Xanma dijo...

vexo k fan oidos sordos do que esta a pasar dende medio rural en nebra..en fin agora están preocupados en captar votos!!! e despois se volven a gobernar (k non gañar) volverán a pasar de todo.