domingo, 19 de julio de 2009

O cinismo dun presidente, primeira parte

Terreos de Nebra nos que está previsto construílo futuro polígono industrial de O Son: en vermello, zona proposta polo BNG de O Son, en amarelo, proposta da antiga Consellería de Vivenda dependente do BNG, demais forzas políticas do Concello e a patronal.


A nota que transcribo saíu publicada o día 16 en La Voz de Galicia, asinada polo presidente da comunidade.
Cesión dunha parcela en Nebra:
Con relación á noticia publicada o 10 de xullo neste xornal sobre a cesión dunha parcela ao Concello de Porto do Son, por parte da comunidade de montes de Nebra, para a construción do polígono industrial, quero dicir que nin a asociación de empresarios, nin o goberno local se dirixiron nunca a nós para tratar da suposta cesión deste terreo o que cando menos, resulta sorprendente. Desde hai xa moitos meses, a comunidade ven convidando ás asembleas ao alcalde, verbalmente e por escrito, coa finalidade de que se nos explicase o asunto; aínda que nos xuntamos os domingos, o alcalde nunca puido asistir. Os terreos dos que falan para instalar a o presunto polígono industrial son, despois da catástrofe que tivo lugar en agosto do ano 2006, cando ardeu o 90% do monte da parroquia, os de maior calidade e seguramente os mais caros. Dende un punto de vista particular, se eu tivese unha propiedade alí, non a ían levar sen máis.

Hai outros moitos factores que non están nada claros neste asunto: a proximidade a núcleos habitados, a proximidade coa praia máis importante da zona ou a recente adxudicación dos terreos na concentración parcelaria son algúns dos exemplos máis destacados.
Por medio do grupo municipal do BNG, en repetidas ocasións ténselle proposto aos gobernos unha alternativa idónea que os executivos coñecen perfectamente e que, se cadra, están a calar. O polígono industrial é unha necesidade para o municipio de Porto do Son, e tamén para a xente que reside na parroquia de Nebra, máis non a calquera prezo, nin monetario nin de outra clase. Afortunadamente, xa non se poden pisar os intereses das persoas ou das comunidades.
Faise preciso que falemos entre todas as partes afectadas por este conflito para tratar de poñernos de acordo, nunha vía de progreso e de beneficios xerais que a comunidade de montes de Nebra desexa, pero sempre e cando se faga xustiza.
O presidente referise a esta noticia tamén publicada en La Voz de Galicia: A patronal sonense solicita á Consellería de Territorio que fixe os prazos do polígono industrial

Proel, fai xusto un ano, cando gobernaban na Xunta de Galicia os do mesmo equipo que el, vese que non "tiña motivos" para queixarse:

O PP promete que loitara polo polígono industrial
"...a portavoz municipal do BNG, Ánxela Franco Pouso, mostrouse onte convencida de que o polígono industrial de O Son vaise facer e que no entende como se está poñendo en dubida tanto dende o grupo de goberno como do maioritario da oposición (PSOE). Sobre a derrogación do anterior plan explicou que só se tratou dun trámite administrativo necesario para facer fronte a un novo proxecto, moito máis ambicioso.
Vivenda aclarou que Porto do Son será incluído no novo plan sectorial de chan empresarial cun parque adaptado ao estudo de viabilidade remitido polo Concello. O novo polígono contará cunha superficie de 370.000 metros cadrados".
Vivenda compromete inicialo polígono empresarial
Preguntas do BNG
"Pola súa parte, a portavoz municipal do BNG, Ánxela Franco, interesouse polas infraestruturas necesarias para poñer en marcha o polígono industrial como a dotación de auga, o saneamento ou a mellora das comunicacións. A concellala manifestou que tamén son necesarios informes doutras consellerías (en referencia a Política Territorial e Medio Ambiente) "que non son do Bloque" e que se se retrasan repercutirán no comezo das obras do parque empresarial".

"O polígono irá nunha zona preto do núcleo de Cans, na parroquia sonense de Nebra, e contará cunha superficie total de 340.000 metros cadrados, segundo explicou o presidente dos empresarios".
Ruín, moi ruín intentar politizar comunidades de montes, asociacións de veciños, asociacións culturais, etc, por parte de aprendices de políticos que por si solos non son capaces de "medrar" en política. Nisto da igual que sexan de dereitas, esquerda ou nacionalistas, a maioría "peca" do mesmo e non debería ser así.

2 comentarios:

  1. Para medrar en política non é necesario demostrar -e moito menos ter- máis cualidades que a de ser un bo lamecús.

    Así é como moitos chegaron a onde están: labendo cus e sendo fieis coma cans ós seus amos, que non leais ós seus principios e/ou ós da organización política de turno.

    ResponderEliminar
  2. Ola: nós temos unha loita para a defensa do noso monte, aquí , en Redondela. Tamén prantexaron un polígono nunha zona que trocaría de xeito total o noso modo de vida. Sabemos de esas personaxes que pululan polo medio, tratando de quedar ben con uns e outros e que ao final só son cans dos seus amos.
    http://nonopoligono.blogspot.com/
    Saúdos

    ResponderEliminar

Para poder comentar só pido sentido e respecto.