jueves, 15 de abril de 2010

Máis claridade e transparencia

Mentres noutras comunidades de montes as súas xuntas reitoras elaboran e propoñen un presuposto anual para que os comuneiros e comuneiras saiban en todo intre como e onde se van investilos fondos comunitarios, aquí séguese tirando da "chequeira", aínda que agora dende outubro sen sabelo por qué deixaron de amosársenos as contas. Algo nada éstrano se nos paramos a pensar que adía de hoxe seguemos sen sabelo custo real do local de tódolos/as comuneiros/as.

Esta forma de facelas en Nebra non é exclusivo da afinidade política ou apolítica? do presidente de quenda, aquí todos pecaron e pecan do mesmo.

Outro exemplo témolo no caso de "facer amigos" adxudicando traballos comunais a dedo e sen que a asemblea xeral teña coñecemento e moito menos aprobou. Gracias a esta maneira de actuar, os poucos que nos atrevemos a tentar intervir nas asembleas somos interrompidos non só polos reitores, se non por comuneiros que non se decatan de nada e nalgúns casos, con vínculos familiares dos beneficiados.

Na ligazón que adxunto poderán ver como a asemblea de comuneiros de Meira aprobou o presuposto de 315.800 euros para este ano e convocaron unha praza de peón forestal, polo que abriron un prazo dun mes para que os interesados da parroquia poidan presentar as súas solicitudes.

Esta é unha das formas correctas de proceder e así tamén se evitan especulacións, que "habelas hailas", coa forma de proceder máis ditatorial que democrática que vimos observando dende fai tempo.

1 comentario:

  1. Ola Paco. Agradézoche por me teres enlazado e poder conocer o teu interesantísimo blogue. Tanto pola temática como por tratar dunha bisbarra tan cercana e con tantas cousas en común.
    Un saúdo

    ResponderEliminar

Para poder comentar só pido sentido e respecto.