miércoles, 4 de mayo de 2011

De como os políticos andan ao seu

Foto: Suso Souto
Vindo esta noticia da terra de referencia e acollida de Ramón María del Valle-Inclán, non me estraña nada o esperpento desta imaxe. Aínda que para min non é primordial divagar sobre este estraño caso, choca que só se adquirisen os terreos do arredor, menos esa zona, salvo que agarden a que o Concello acometa a expropiación legal. Proceso que no seu día obviou a Consellería do Medio Rural en conveniencia cos ex compañeiros da directiva, para cruzarlle o agro de meu pai.

Os veciños da urbanización Lamas e Andrés, en pleno centro da Pobra, non saen do seu asombro. Desde hai anos veñen reclamando a resolución dun conflito en virtude do cal un terreo destinado a ser praza pública permanece aínda sen ser acondicionado.
Por iso, cando a semana pasada viron que os operarios da empresa Oys Noroeste instalábanse nese terreo con maquinaria pesada, pensaron que, ao fin, ían poder gozar da esperada praza. Con todo, o seu optimismo enseguida deu paso á indignación, ao comprobar como a empresa levaba a cabo unha esperpéntica actuación que consistía en asfaltar unha das rúas que rodea a praza, pero deixando un anaco de varios metros de longo á marxe da actuación, é dicir, de terra. O resultado: a beirarrúa e o carril quedaron cortados, o que, ademais do impacto visual, supón un perigo para os vehículos e para os viandantes.
A situación ten a súa orixe no histórico conflito que manteñen unha veciña, María Antonia Rosende, e o construtor Juan Sampedro, ao que a muller lle vendeu uns terreos hai anos. Ela asegura que no espazo previsto para a praza pública hai unha pequena parte con forma triangular (que ocupa unha superficie de 45 metros cadrados e que valorou en 90.000 euros) que segue sendo súa porque non formou parte do terreo vendido no seu día ao promotor.
En consecuencia, e dado que este conflito está actualmente pendente de resolución xudicial, o Concello da Pobra alega que non pode proceder á urbanización completa da praza. De feito, segundo soubo onte este diario, a empresa Oys iniciará nos próximos días a urbanización da praza, pero sen tocar tampouco o polémico triángulo. De modo que os veciños de Lamas e Andrés terán moi pronto a súa esperada praza e un intrigante triángulo... de nada.

Fonte: El Correo Gallego
Por outra parte, resulta cando menos curioso que na mesma época si se multase a esta comunidade de montes por abrir sen o seu permiso un camiño. Ula entón o permiso de meu?
A Consellería de Medio. Ambiente impuxo unha multa de 6.000 euros á comunidade de montes de Ernes. (Negueira de Muñiz) por abrir sen permiso un camiño dun quilómetro entre este pobo y Escanlar. A Administración argumenta que a vía está na. Rede Natura e que sería necesaria autorización para facela.
O alcalde de Negueira, José Manuel Braña, admite que a sanción está fundamentada porque non se pediu permiso para abrir o camiño, pero considera «moi inxusta» porque «nin dan permiso nin diñeiro para obra e, cando os veciños toman a iniciativa, van contra eles».
Braña explica que a Ernes non se pode acceder desde Negueira e a única intención dos veciños para que recorran a sanción, que aínda non é definitiva, e critica a falta de «sensibilidade» de Medio Ambiente.

Fonte: El Progreso
Remato con esta outra foto, xusto onde comeza o agro de meu pai, para preguntarme de que vale abrir pistas, se despois non se manteñen... ou si? Iso debullareino noutra entrada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.