martes, 17 de mayo de 2011

Outra comunidade que tivo que pagar por unha pista sen permiso

Xa van unhas cantas noticias por multas a comunidades de montes por abrir pistas sen permiso, mentres a pista que se abriu aquí, sen o seu consentimento e coñecemento dos seus propietarios, nin houbo contestación de Medio Rural, nin tan sequera unha mera desculpa e curiosamente, quen pagou os pratos rotos sen haber cometido o delito e sen que houbese unha sentenza que o obrigase a deixalo seu cargo, foi obrigado a dimitir. Iso si, os amigos deste demócrata? e supoño que tamén el, laiasen que haxa xuíces que impidan a algúns presentarse nestas eleccións. Vese mellor a viga no ollo alleo, que a palla no propio.
Baíña paga 6.000 euros de multa por un aterramiento

O depósito de toneladas de grava e cascallos modificou a paisaxe para facer unha pista sen permiso da Xunta

A comunidade de montes de Baíña acaba de pagar unha multa de 6.000 euros á Consellería de Medio Rural por un aterramiento ilegal de enormes proporcións realizado no ano 2006 pola anterior xunta directiva. Os comuneiros realizaron o abono deste diñeiro para evitar que se esgotase o prazo que tiñan para facelo, o que incrementase a sanción.

A Xunta obriga ademais aos comuneiros a retirar todos os cascallos que se depositaron no lugar da Peniza, nas inmediacións do Castro de Carabela e que arrasaron restos arqueolóxicos.

A anterior xunta que presidiu Antonio Mijón levou a cabo esta polémica actuación coa idea de crear unha nova pista forestal para conectar o barrio de Fontes co centro cultural.

Pero Patrimonio paralizou ao pouco tempo esta obra porque non contaba con ningún permiso autonómico. Os responsables da comunidade de montes nunca desvelaron a orixe de todos os materiais que foron depositados no monte en grandes cantidades. Durante aquela época realizáronse diversas escavacións para realizar o aparcadoiro dos Tendais, ampliar a presa ou construír a depuradora de Silleiro.

A presidenta da comunidade de montes, Bárbara Pereira, manifestou que o obxectivo agora é terminar de acondicionar a pista para eliminar unha montaña de grava que, por outra banda, co paso dos anos ha acabo integrándose na contorna ao crecerlle vexetación encima.

Esta responsable afirma descoñecer que haxa algún membro da xunta directiva que pense presentar a súa dimisión para non asumir responsabilidades por unha desfeita realizada polos anteriores xestores da comunidade.
Fonte: La Voz de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.