lunes, 13 de febrero de 2012

Nesta caso a Xunta si que responde

Un dos primeiros Curros da Enxa
Na achega de hoxe atopámonos con unha «expropiación» acometida pola Xunta, neste caso intuíse legal, pero que segundo a familia prexudicada ocúpanlle máis terreo que no que nun principio lles foi expropiado. Iso significa que de ser verdade, o prezo da expropiación non é o mesmo por 552 m2 que por 656.

Esta visto que para Xunta de Galicia co todo un equipo de «tecnócratas, asesores e avogados» pagados cos nosos impostos, élles máis doado negalo todo con un simple NON, que volver a medir. De todos é sabido que os metros cadrados miden o mesmo en Rodiño que en Santiago, outra cousa seria se falásemos de ferrados, pero hasta nisto coinciden as medidas de Boqueixón coas de Santiago: o ferrado destes Concellos mide igual, 639 m2.

Por exemplo o de Porto do Son ten moito menos, 480 m2 (por parroquias o de Nebra ten 384), e aínda que nunca se me dou por medir cantos m2 levaron por diante no agro de meu pai, eran del e ninguén, nin o concelleiro, nin o presidente dunha simple comunidade de montes tiñan dereito a «roubarllos» para lucimento persoal.

Non sei se o comentei, pero gustaríanos saber como se realizou e cubriu a petición da subvención para abrila pista. Dende logo seria sumamente esclarecedor como se fan ás veces certos «amaños».
Acusan á Xunta de ocupar terreos que non lle corresponden. Territorio nega tales acusacións.

Unha familia de Rodiño, concretamente, a que reside no número 35 do citado lugar de Boqueixón, acusa á Xunta de Galicia de ocupar "uns terreos que non lle corresponden". Os afectados xa fixeron constar as súas respectivas reclamacións na Consellería de Infraestruturas, Medio Ambiente e Territorio en varias ocasións desde finais do pasado ano.

Nos seus escritos, especificábase que o pasado mes de agosto de 2010 expropiáranselles un total de 454 metros cadrados de terreo para acometer os traballos de mellora da seguridade viaria na travesía de Rodiño. Con todo, aseguran que, despois do inicio das obras -e facendo constar os pertinentes informes periciais dos técnicos-, "as obras acometidas pola Consellería ocupan unha superficie de 555 m2, ou sexa, 101 m2 máis dos previstos no proxecto e no expediente de expropiación", indica o documento do 9 de outubro do pasado ano 2011.

É por iso que xa se pediu en polo menos dúas ocasións "que se ordene á empresa -concesionaria da actuación- que deteña as obras polo que incumbe á indicada superficie non expropiada, absténdose de toda acción sobre a mesma.
Tirado de aquí e traducido por min.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.