Aproveito para lembrar tres frases de Castelao sobre os arbores:
- "O arbore é o signo espiritual da Galiza"
- "Val máis unha terra con arbores nos montes que un Estado con ouro nos bancos"
- "A calvicie dos montes galegos é unha terrible acusación contra o Estado"
ORGACCMM: Tala indiscriminada en Cerdedo
Concentración contra a tala masiva de carballos en Cerdedo
Despois da denuncia de que o alcalde do concello de Cerdedo, Silvestre José Balseiros Guinarte (PP), ordenara a corta de árbores autóctonas, a Asociación Verbo Xido organizou un acto en protesta na Carballeira de Meilide para o sábado día 21 de xullo ás 20 horas. Estiveron presentes a Federación Ecoloxista Galega e a ORGACCMM.
A absurda decisión do alcalde da tala indiscriminada, mesmo é contraria á Lei 3/2007 que decreta excepcións para as frondosas, levantou a preocupación e a mobilización veciñal en contra da medida.
A ORGACCMM estivo representada por tres dos membros da Xunta Reitora, sendo o Presidente un dos intervenientes no acto na defensa do monte e das frondosas.
O acto rematou cunha visita ao senlleiro Pazo da Raposeira, casa de infancia de Pedro Xosé García Balboa, máis coñecido como Frei Martín Sarmiento, figura indispensable da cultura galega. O Pazo está lamentablemente en franco abandono a pesar dos esforzos para a súa recuperación levados a cabo pola Asociación Verbo Xido.
Máximo apoio a ambas iniciativas. Podedes ver as fotos... é preciso ter conta no facebook.
No hay comentarios:
Publicar un comentario