Unha vintena de agrupacións de montes en man común repartidas polas comarcas de Barbanza, Noia e Muros constituíron unha mancomunidade co obxectivo de contar con máis forza á hora de defender os seus intereses ante a Administración. Desta forma Barbanza pasa a contar con dúas entidades iguais.
Segundo explicaron fontes da plataforma, a iniciativa xurdiu por mor das dificultades coas que se atopaban as comunidades parroquiais á hora de conseguir subvencións da Administración. Ao parecer, a maior parte das entidades locais xestionan superficies de terreo inferiores ás que se esixe para poder acceder a diferentes axudas da Xunta. A solución pasaba por agruparse co fin de acumular as hectáreas que se precisan para optar aos concursos.
Un total de 16 das potenciais 30 comunidades de montes que probablemente se integrarán na denominada Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común de Arousa e Noia-Muros xa pasaron a formar parte de pleno dereito da entidade, xa que para incorporarse é necesario que as asembleas dos colectivos locais apróbeno e que o acordo conste en acta que debe entregarse ao colectivo comarcal. Tamén estaban presentes representantes doutros colectivos que, a pesar de dar o primeiro paso, aínda lles faltaba a preceptiva anotación do acordo maioritario dos comuneiros.
Un dez porque esta nova mancomunidade "obrigue" aos seus asociados a entregala acta onde conste o acordo. Esta é unha medida efectiva que evitará que pasen as cousas que pasan na nosa comunidade e noutras.
¡Isto é Democracia!: de 30 potenciais comunidades que probablemente se integren, só 16 o fixeron efectivo ao aprobalo xa nas súas asembleas, o resto aínda no fixo ao faltarlle o preceptivo acordo. Como veño denunciando, os nosos directivos fan e desfán ao seu antollo e os comuneiros e comuneiras somos meras comparsas. Nunca mellor dito agora que se achega o entroido.
Nebra esta adscrita a Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común Serra do Barbanza, que recentemente celebrou unha asemblea no noso local social e teño as miñas dúbidas que a esa asemblea non acudisen comuneiros en calidade de vocais non electos e mesmo que votasen. Digo que teño dúbidas, porque dende a miña saída como secretario non informan deste tipo de reunións, a pesar de que os directivos cobran e cobrabamos dietas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario