O 23 de agosto publicaba unha de cal e outra de area, onde entre outras cousas denunciaba o perigo existente na rampla de acceso ao local dende a estrada do Empalme á Igrexa, sobre todo con choiva, algo tan elemental e vital neste recuncho.
Pois ben, ao parecer os "lumbreras" que dirixen a comunidade tamén se decataron dese perigo e como de momento nadamos na abundancia, non se lles ocorreu nada mellor que dotala do freo de seguridade que poden observar nas fotos.
Por falla de tempo non tomei as medidas para facer un calculo da pendente, aínda que xa me informaron que non cumpre as directrices regulamentarias. Supoño que haberá un responsable que certificou a obra, ou non?
Non só son eu o que manifesto o perigoso que é isto, aínda que si sexa o único que o faga publicamente. Ao remate da última asemblea e dado que chovía, varios comuneiros comentaban o mesmo.
Non é por nada, pero recomendaríalles aos nosos eficientes xestores que tanto arriba como abaixo, coloquen estas señais de perigo. Non me gusta ser agoireiro, pero que pasará se un día alguén sofre un percance?

No hay comentarios:
Publicar un comentario