martes, 31 de marzo de 2009

INFORME DE XESTIÓN 2008 ORGACCMM

Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñáis en Mán Común

Asemblea Anual Ordinaria

INFORME DE XESTIÓN 2008
Celanova (Ourense), 28 de Marzo de 2009

Introducción:
A Xunta Rectora da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñáis en Mán Común, adxunta diante da Asamblea Xeral Ordinaria correspondente ao ano 2009, o INFORME DE XESTIÓN que abrangue a actividade desenvolvida o longo do ano 2008.

Amósase de xeito pormenorizado o calendario executado nese período, tomando como referencia cada més, como fórmula para un mellor enfoque situacional, en donde aparece reflectida a participación da OGCMVMC, a través de reunións, escritos, e diferentes actos.

Pero compre salientar nésta introducción como parte destacada durante o ano 2008, os debates e Asemblea sobre o borrador da futura Lei de Montes de Galiza, donde ésta organización aportóu importantes alegacións e suxerencias.

A presenza entre outros, no I Congreso Internacional de Valorización do Monte, indícanos a importancia que temos nos foros maís importantes e claves no deseño da política de montes.

Sen dúbida, entre todalas actuacións, resultóu un estímulo importante o recoñecemento realizado polas Comunidades de Montes Veciñáis en Mán Común de Lugo e Pontevedra, que sumándose ás do ano anterior na Coruña, outorgan a súa representación como vogáis dos respectivos Xurados Provinciáis de Montes Veciñáis en Mán Común, aos candidatos, ademáis de membros da Organización Galega de Comunidades de Montes.

O activismo da OGCMVMC temén se deixa sentir na configuración dos programas LEADER, ferramenta importante para o desenvolvemento rural, non só apoiando a súa posta en marcha, senón que implicandose varios dos seus socios nas Xuntas Directivas dos grupos comarcáis.

A Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñáis en Mán Común, amósase como a única representación xenuina dos Montes Veciñáis da Galiza, na defensa désta figura da propiedade colectiva, contra calquera intento de agresión, e apostando pola posta en valor déste territorio.

Actividade desenvolvida no ano 2008

Reunións da Xunta Rectora:


Durante o ano de 2008 a Xunta Rectora da OGCMVMC mantivo 12 reunións.

Asembleas da O.G.C.M.V.M.C.:
- Asemblea Xeral Ordinaria:


Celebrada no Auditorio de Lugo o día 12 de Abril de 2008.

- Asemblea Xeral Extraordinaria:

Lei de Montes de Galiza
Celebrada en Compostela o día 19 de Abril de 2008.

Publicacións e circulares:

1 Revista “O Común dos Veciños”.
3 circulares informativas.

Escritos:

- Grupos Políticos.
- Comunidades de Montes.
- Consellerías (varias)
- Outros.
Total: 32

Mes de Xaneiro:
- Intervención informativa sobre Empresas de Xestión de Biomasa.
- Campaña sobre os bosques como sumidoiros de CO2.
- Ínicio de conversas sobre o Decreto de Enerxía Eólica.
- Propostas para ás Xornadas Técnicas sobre MVMC.
- Xestións diante de Grupos Políticos: Sobre os MVMC e sumidoiros de carbono.
- Xestións diante a Dirección Xeral de Montes e I.F.sobre axudas para prantación de frondosas autóctonas.
- Reunión previa do Consello Dinamizador do Foro Social Galego.

Mes de Febreiro:
- Reunións da Plataforma Tecnolóxica da Madeira 27, 28 e 29..
- Comité Provincial de Caza de Lugo.
- Comité Galego de Defensa dos Montes contra Incendios Forestáis.
- Convención Agrupacións Veciñáis de Vixilancia Forestal. Compostela.
- Conclusións sobre Enerxía Fotovoltaica nos MVMC.

Mes de Marzo:
- Constitución do Consello Dinamizador do Foro Social Galego.
- Asistencia a reunión do Secretariado dos Baldíos en Aguiar-Portugal.
- Convidados polo sindicato CIG, no acto do Dia da Clase Obreira Galega.
- Xornadas sobre montes no Concello de Oia-Mougás.
- Participación na Feira FORESGAL en Lugo.
- Xornada-Conclusións Mesa da Madeira. Lugo.
- Mesa da Madeira. Compostela.
- Programa Patrimonio no Medio. Primavera.

Mes de Abril:
- Campaña elección Vogal Xurado de Montes Veciñáis en Mán Común da Provincia de Lugo.
- Elección do Coordinador Xeral da OGCMVMC como vogal do Xurado Provincial de Lugo.
- Asistencia a constitución das mesas do Cogreso de Valorización Integral do Monte.
- Participación nos procesos de constitución dos Grupos LEADER.
- Celebración da Asemblea Xeral Ordinaria da OGCMVMC en Lugo.
- Celebración de Asemblea Xeral Extraordinaria en Compostela.
- Reunións en Vigo e Oia sobre o programaa LEADER.
- Xornadas sobre aproveitamento dos MVMC en Negueira de Muñíz. Lugo.
- Xornada sobre proposta de creación dunha Plataforma Tecnolóxica da Madeira.
- Rede de Cooperación para a ordenación dos Territorios Forestáis da Eurorexión. Compostela.

Mes de Maio:
- Xornadas Internacionáis sobre o castiñeiro. Ourense.
- Alegacións ao borrador de proxecto da Lei de Montes de Galiza.
- Parlamento Galiza. Propostas BNG.Compensacións por sumidoiro de CO2.

Mes de Xuño:
- Reunión Dirección Xeral de Montes sobre alegacións ao borrador da Lei de Montes.
- Convenio de Formación coa Consellería de Medio Rural.
- Campaña para elección do Vogal do Xurado de Montes Veciñáis en Mán Común en Pontevedra.
- Actos posta en valor CMVMC Santa Cristina Ramallosa-Baiona.
- Actos da Federaçao Nacional dos Baldíos de Portugal en Soutosa-Viseu.
- Acto en Lourizán da Sociedade Española de Ciencias Forestáis.

Mes de Xullo:
- Xornada sobre a Multifuncionalidade dos Montes.
- Participación na Festa Comuneira en Reboreda (Redondela).
- Consello Forestal de Galiza.
- Xornada “Mercado da transparencia”. Compostela. Sindicato Labrego Galego.
- Convidados aos actos do 75º aniversario de Galeuzca. Compostela.
- Xornada en Compostela sobre “Valorización Integral do Monte”.

Mes de Setembro:
- Xornadas sobre o Monte Veciñal como factor de desenvolvemento. Valadares-Vigo.
- Acordo sobre formación coa Consellería de Medio Rural.
- Soloicitude de axudas para tratar a praga de Gonipterus nos eucaliptos.
- Solicitude de creación do Consello da Mineria de Galiza.

Mes de Outubro:
- Cursos en Reboreda (Redondela), Láncara, Avión e Oia
- Xornadas sobre frondosas en Pontevedra.
- Xornada sobre MVMC en Pontevedra.
- Xornadas Grupo PRODER en Vigo.
- Participación da OGCMVMC no calendario de reunións preparatorias para a elección de vogal ao Xurado Provincial de Pontevedra.
- Participación no debate sobre o borrador de Cultivos Enerxéticos.
- Programa Patrimonio no Medio. Outono
Participación na elaboración do Plano de Distrito A Fonsagrada-Os Ancares.

Mes de Novembro:
- Elección do responsable da Revista da OGCMVMC Carlos Morgade como vogal do Xurado Provincial de Montes de Pontevedra.
- Xornadas sobre Valorización do Monte en Compostela e Silleda.
- Participación na Semana Verde de Silleda.
- Reunión na dirección Xeral de Montes sobre unha proposta de creación dún Centro de Documentación sobre o Monte Veciñal.
- Homenaxe aos Mártires de Sobredo-Tui.

Mes de Decembro:
- Cursos en Valadares (Vigo) e Pontecaldelas.
- Xornadas – debate sobre propostas alternativas no réximen fiscal dás cmvmc.

No hay comentarios: