domingo, 25 de julio de 2010

Himno Galego (versión longa e con letra)


É a primeira vez que subo un vídeo do que non son o autor, pero esta é a miña pequena contribución para celebralo Día da Patria Galega.

O himno galego conxuga o poema "Os Pinos" de Eduardo Pondal cunha composición musical de Pascual Veiga. O nome de Galicia non figura no poema, sendo substituído por fogar de Breogán. Foi interpretado por primeira vez en 1907 na Habana, Cuba.

Esta peza forma parte dun programa especial emitido na Galega (supoño que no 2007) encol do Himno. A información da música:
- Peza: "Himno galego" para Orquestra Sinfónica
- Autor: Pascual Veiga
- Arranxos: Rogelio Groba
- Intérprete: Orquestra Sinfónica de Galicia
- Dirección: Máximo Zumalave
- Rexistro: RDC para La Región S.A.

No hay comentarios: