Despois dun paréntese de oito anos e tras un acordo coa comunidade de montes de Baroña «propietaria dos terreos e das instalacións», Porto do Son volverá celebrar o curro dá Enxa esta fin de semana.
Será a novena rapa das bestas que cada verán volverá a renovalas tradicións ancestrais no monte dá Enxa, en Porto do Son. O curro interrompeuse fai oito anos polos enfrontamentos que se viviron por aquel entón entre a comunidade de monte e a asociación de gandeiros.
O sábado adicarase, pola mañá, a celebrar un concurso morfolóxico de estampa e beleza, rematando cunha monta salvaxe. O domingo, dende primeiras horas da mañá, baixaranse os cabalos ao curro, onde ás dez marcaranse e cortaráselle o pelo da crin e do rabo. Despois volverá a haber concursos e a partir das catro do serán, carreiras de cabalos e outros xogos.
Unha pequena mostra do que nos atoparemos, pódese ver estes días no peche que hai a carón do curro, onde unha manada de cabalos cos seus poldros trata de controla o mato.
Ao igual que para poder celebrarse de novo o curro, os gandeiros tiveron que chegar a un acordo coa comunidade de montes de Baroña, non creo que erre se afirmo que o aproveitamento neste peche foi aprobado pola asemblea xeral, e non como pasa na nosa, que volveron a meter animais nos peches sen que os comuneiros saibamos de quen son, quen o permitiu e que nos reporta.
Despois criticase por aí e no poño en dúbida, que a Xunta quere privatizalos montes, en Nebra fan e desfán ao seu antollo catro comuneiros, cedendo o uso das nosas instalación a xente que nin sequera é comuneira e isto non é a primeira vez que acontece: Favores na comunidade.
No caso de Baroña, tamén pode ser que os comprasen, tiñano en estudo, de aí a dobre marca. Pero sexan propios ou dun gandeiro, estou seguro que os comuneiros deron a súa aprobación, no suposto primeiro caso seria para compralos e no segundo, cesión dos terreos, tal e como reflicten os estatutos das comunidades de montes que estean adaptados á vixente Lei de Montes.

Cabalos nun peche de Baroña |
No hay comentarios:
Publicar un comentario