lunes, 23 de agosto de 2010

Que non nos tomen o pelo


Estes días con motivo dos incendios forestais estamos a asistir en diversos foros a acusacións foras de ton e sen ningún tipo de rigor. Algúns acúsannos ás comunidades e propietarios de montes de non mantelos limpos sen pararse a pensar que estes non arden se non interveñen diversas causas. Para min a principal son os pirómanos ou incendiarios, que con nocturnidade e aleivosía buscan facela súa vil e covarde acción en zonas onde sabe que o lume pode facelo maior dano posible e aproveitan sobre todo cando o vento sopla con máis forza.


Non por ser menos importantes son os causados pola queima de rastrollos en épocas de maior risco, cando se sabe que está totalmente prohibido facelo baixo ningún concepto. Lamentablemente a pesar da súa prohibición e advertencia séguese actuando irresponsablemente incluso cando as televisións transmiten en vivo e directo algún incendio. Por fortuna estes casos son rapidamente resoltos pero o dano xa esta feito.
Fai moitos anos en Nebra producirase un bastante importante por esta causa, pero ninguén foi quen de sinalar ao culpable, é máis, comentouse pasados uns anos prudenciais, aínda que agora non lembro se xa morrera o paisano ou non.


Os expertos tamén falan doutras causas como pode se-los causados por un raio, unha chispa dun cable eléctrico, un cristal, unha cabicha, etc. Estes pódense producir a calquera hora, salvo cun cristal, que por forza maior só se produciría durante o día, pero é que os grandes incendios polo xeral acontecen de noite.
No mes de xullo con altas temperaturas na zona non houbo ningún, foi chegalo nordés de agosto e producirse os primeiros de suma importancia. Casualidade ou intencionalidade?.


O maior desastre medioambiental en Nebra aconteceu no 2006, despois de case unha semana de incendios, que comezaron na madrugada do domingo día 6 de agosto moi preto da aldea de O Castrallón, subindo cara a Calo e cando se nos fixo incontrolable, desprazouse aos montes de Noal, Baroña e Cures.
Aínda sen apagarse, en menos de 24 horas volveuse a producila segunda acción criminal, esta vez preto da aldea de A Igrexa a carón das casas. O terceiro comezou o día 8 nos montes de Camboño, pasando aos de Miñortos e Portosín, para rematar en Nebra, case tres días despois.


Esta reportaxe de 12 fotos foi realizada nos montes chamados A Perdigueira e A Eiriña, pois ben, a pesar de que en xaneiro se había desbrozado concienciudamente, cando tomei as fotos non rematara o traballo, o lume arrasou igualmente con todo, o que ben a amosar que por moi limpos que estean, como non haxa efectivos e medios, apaga e vámonos.


A raíz dos incendios acaecidos nese mes, a Xunta ditou unha orde para que nun radio de 25 metros ao redor das vivendas se fixesen franxas de seguridade. Anticipándome a esta orde, de roubos feitos portas novas, na aldea de Queiro encomendaralle á nosa cuadrilla que desbrozase esta franxa que vai dende a pista forestal ata as casas.


Tal e como se pode comprobar nestas catro fotos, a zona quedou amplamente limpa pero con todo isto non bastou para paralo lume, que mesmo puxo en perigo ás vivendas e aos seus moradores, xa que unha veciña mesmo tivo que ser evacuada ao Hospital. Non quero pensar o que pasaría de non facerse esta importante labor, para que despois Medio Rural viñese e nos retirase a subvención da cuadrilla.


Agardo que isto faga recapacitar un pouco a esta xente que non ten idea do que é un monte e o mal que se pasa loitando contra o lume dezaseis horas sen descanso e sobre todo, voluntariamente como foi o meu caso. Esta visto que para esta xente é moito mellor criticar sen ton ni son, sentado comodamente fronte a un ordenador.

La Guardia Civil no halló artefactos incendiarios en la oleada de fuegos

No hay comentarios: