Seguro que os que coñecen ben o refraneiro galego saben o significado do que da titulo a esta entrada, pero se non é así, direillo. A explicación non é outra que a de que hai que desconfiar da xente que murmura ou fala ás agachadas... ou escreben anónimos en blogues. Isto último é colleita miña.
Son inimigo da censura, por iso neste blogue calquera pode expoñelo seu punto de vista e aportar ideas de forma anónima, aínda que seguro que xa saben que no é tan anónima, pero o que non se pode é faltar á verdade ou tentar prohibirme exercer libremente os meus dereitos, querendo atribuírse a potestade de xuíces.
Non me considero un sabelo-todo, nin me creo dono da razón, por iso gusto de falar nas asembleas ou escribir para que todos e todas sexan testemuñas do meu pensamento, outra é cousa como ben digo, que nas actas non se recolla para eliminar probas, e que as futuras xeracións non saiban quen defendía os intereses da comunidade e quen os non declarados. Así é o que acontece hoxe cos Mártires de Nebra, que aínda hai xente que da máis veracidade ao que escribiron os culpables e recolleu a prensa, que ao que aconteceu de verdade.
Sei que coa miña postura me granxeo máis enemistades que amizades. A última como teño explicado custoume a expulsión de secretario, só por aplicala Democracia, algo que me amosaran directivos de moitas comunidades e que a algún doeulle o que pasou. Para min o máis doado seria facer coma todos: escoitar, ver e calar. Así foi como fixeron varios comuneiros cando o 7 de decembro de 1991, escoitaron ao presidente negarlle a consideración de comuneiro a unha familia que practicamente levaban vivindo toda vida en Nebra, e aquí naceran os seus fillos. Menos mal que un me comentara o que pasaba e acadamos que se impuxera a cordura. Polo menos esta familia gracias á miña intervención non tivo que acudir á Xustiza para que se respectasen os seus dereitos como lles pasou aos de Trabada, pero xa comecei a quedar marcado.
Monte veciñal da parroquia de Trabada
Sesenta veciños de Trabada reclaman poder entrar na comunidade de montes
Rexeitada a petición de 55 veciños de Trabada para entrar na comunidade de montes da localidade
Xusta e triste sentenza para Trabada

3 comentarios:
Ti si que non sabes o significado das palabra. Por eso sigues pintando a ---- por aqui. O que tal se fai cando non hai que facer. E como descoñeces o significado desa frase por eso segues facendo cousas que non teñen sentido. Deixa de criticar o que fan os demais e ninguen che criticará. gracias.
Engánome ou véxoo moi interesado en defender á Xunta Reitora, ou é a algún directivo en concreto? Mire, una cousa e que queira criticar no MEU BLOGUE e outra, que o faga faltándome ao respecto e por riba, agochándose baixo un anonimato.
Co MEU tempo libre fago o que quero, e a vostede, coido que nin nada lle pedín, nin nada lle debo, verdade?
Xa lle dixen que coma comuneiro de pleno dereito na Comunidade de Montes de Nebra asísteme todo dereito de criticalo que vexo que se fai mal e neste blogue, seguro que aínda non veu unha falsa denuncia, porque se non, seguro que se identificaría. Rétoo a que se atopa só unha, diga con nome e apelidos cal foi e pecho o blogue.
O que me choca é que en máis de dous anos e medio ninguén me criticase e que os seus comentarios partan da foto dun cabalo, que curiosamente estivo alí fai dous anos: http://nebra-nebra.blogspot.com/2008/12/favores-na-comunidade.html
Sabe o que digo, que cada pau aguante da súa vela.
Francisco, este covarde non da a cara porque xa mentiu no primeiro comentario e dubido que sexa directivo, comuneiro ou acuda as asambleas, porque se non tería que estar ao tanto do que pasa, salvo que sexa dos que cala e despois raga á saída ou no bar.
Non me f..., a ti che vai dicir o que é recibir criticas covardes e inxustificables. Se fose veciño lembraría perfectamente as que recibiches por parte dunha minoría por organizar as mellores festas de Nebra. Festas que agora tantos botamos de menos e aínda o falamos o día da Balvanera en familia.
Tamén é moi raro que sexa o dono dos cabalos, porque sería dar moito o cante.
Publicar un comentario