O BNG de Cerceda denuncia unha obra xunto ao polígonoPor suposto que a parroquia de Nebra non é o Concello de Cerceda, pero os dereitos de propiedade son os mesmos para os veciños que moran alí, que para os que viven aquí. Ollando esta denuncia e a expropiación ilegal que-lle fixeron os directivos da comunidade e a anterior Consellería do Medio Rural a meu pai, semelláseme bastante. Isto lévame a pensar que dependendo de quen cometa estas irregularidades, os partidos políticos, aínda que aquí só atinxa a un, máis que defender ao prexudicados, tentan sacar "tallada".
A formación nacionalista presentou unha pregunta para que o equipo de goberno aclare en sesión plenaria o motivo polo cal o Concello iniciou, nun lateral do polígono industrial, os traballos para derrubar muros e levantar marcos para unha pista que discorre polos montes e leiras coñecidos como Perravella. Engade que o fixo sen dispor da titularidade dos terreos nin contar con permiso dos donos.
Agardo que isto faga recapacitar a algunhas persoas coas que me citaron en vésperas das eleccións municipais, e pensen co corazón na man o que me dixeron, porque eu non atopo ningunha diferencia entre esta denuncia e o que-lle aconteceu a meu pai. As únicas poden ser que a el tronzáronlle o agro pola metade e neste caso, igual só lle afecta a un extremo.
Haberá que estar atentos á resposta que-lles dea o equipo de goberno, salvo que imiten a Medio Rural.
Dubido que sexan estas cousas as que non gustan que critique, aínda que me pregunto que farían algúns de facérenlle isto mesmo a seu pai. Por certo, se se fixan na foto, dende a pista agora non temos acceso ao agro.
Nun borrador tiña preparada esta outra noticia moi relacionada con este tipo de, chamámoslle cacicadas? que fun pospoñendo por diversos motivos, pero que agora aproveito para ligar xuntas.
O BNG da Pobra acusa ao Concello de ocupar leiras privadas para as obras do río Morto
A portavoz do BNG da Pobra, Rosana Pérez, acusou ao goberno local de ocupar terreos privados para realizar as obras do paseo fluvial do río Morto. «Recibimos queixas de numerosos veciños da Pontenaveira porque a empresa adxudicataria entrou nas súas leiras para poñer estacas de medición. Nun caso mesmo tiraron un muro», relatou a portavoz nacionalista. Asegura que as obras comezaron sen que o goberno dispuxese aínda dos terreos e que está a cometer un acto «irrespectuoso e ilegal».
O alcalde, Isaac Maceiras, di que só se queixou un veciño, co que xa chegaron a un acordo e que, ademais, todos os donos cederon os seus terreos ao Concello, aínda que non hai acordo escrito.
Denuncian que as obras do paseo do río Morto ocupan fincas privadas
O BNG da Pobra recalca que o Concello carece de terreos e permisos.
O BNG da Pobra do Caramiñal co seu portavoz á fronte, Rosana Pérez, convocou onte unha rolda de prensa en Pontenabeira para "advertir ao Concello que actúa de maneira ilegal", manifestou Pérez.
As obras do paseo fluvial e acondicionamento dás marxes do río Morto, que se iniciaron recentemente e que abarcan desde a Devesa até Pontenabeira, "non contan cos terreos necesarios. A empresa encargada de realizar este proxecto está a entrar en terreos privados para poñer estacas, sen requirir ningún tipo de autorizacións", asegurou a portavoz.
Por iso, o BNG insta o goberno local a que inicie calquera dos procedementos necesarios para conseguir os terreos que "tiña que ter previo a iniciación dás obras", segundo acordaran "a Concellería e ou Concello mediante a firma do convenio non mes de xaneiro deste ano", aclarou Rosana Pérez.
Os nacionalistas piden ao alcalde, Isaac Maceiras, que deixe de "actuar dun xeito irrespetuoso", xa que esta situación "pode dar lugar a futuras denuncias", afirmou a portavoz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario