A Xunta explica aos concellos galegos as competencias e responsabilidades contempladas na Lei de montesAdiantándome á lei, no ano 2006 encargara á cuadrilla habilitar franxas a carón de varias aldeas: Cadeiras, Perdigueira, Resúa e Queiro, na foto, aínda así o lume achegouse perigosamente ás casas e houbo que evacuala aldea. Agora a Lei é máis drástica e obrigaranos a cortar tódolos arbores que haxa a 50 metros.
A Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia indica, na súa exposición de motivos, que nos últimos anos produciuse unha crecente proliferación de incendios na zona urbana-forestal, é dicir, nas áreas que abarcan o perímetro común entre os terreos forestais e os núcleos de poboación habitados (en total 31.550 núcleos de poboación, que supoñen o 50% do total no territorio español).
A lei recoñece a necesidade de adoptar, a curto prazo, actuacións que controlen a biomasa vexetal con alto poder combustible nas proximidades dos núcleos de poboación, das infraestruturas, vías de comunicación e equipamentos sociais, asegurando a súa retirada a través da obriga das persoas titulares ou, no seu caso, por parte das administracións públicas a través de procedementos áxiles, con cargo aos responsables.
Cen metros
Así, no caso das franxas de 100 metros arredor de calquera núcleo de poboación (edificacións, urbanizacións, recolledores de lixo, cámpings, instalacións recreativas, obras, parques e instalacións industriais) situadas a menos de 400 metros do monte, os propietarios ou arrendatarios deberán realizar o control da vexetación, e eliminar as árbores das especies incluídas na disposición adicional terceira da lei nos primeiros 50 metros. En caso de incumprimento, os entes locais poderán notificar aos responsables a súa obriga, advertíndolles da posibilidade de execución subsidiaria en caso de incumprimento.
A Lei establece a obriga da realización polo propietario e a execución subsidiaria polo concello, trasladando os custos aos propietarios. Exclúe, polo tanto, a posibilidade de execución polos concellos de xeito directo ou a través de convenios coa Xunta de Galicia.
Isto lémbrame que cando a cuadrilla estaba desbrozando no camiño da foto, habíalles explicado que a miña idea sería cortar algúns eucaliptos a un lado e outro para habilitar unha franxa máis ancha de seguridade e despois eses traballos incluso se podían facer máis rápidos co tractor como nas pistas e a cuadrilla, de paso dedicarse a outras zonas. Segundo me dixeron despois, polo visto iso no podíamos facer, xa se encargou despois o lume, pero agora vexo que a lei é moito máis drástica. Non tanto coma quería un ex-presidente americano, que propoñía cortar tódolos bosques, pero case.
Se aplican a lei tal cal, a xuntanza parece que é para iso, a paisaxe e a fisionomía a carón das nosas parroquias e aldeas vai ser brutal, porque Galicia non é Castela.
Lei 3/2007, de 9 de abril
No hay comentarios:
Publicar un comentario