Mostrando entradas con la etiqueta Lei de incendios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lei de incendios. Mostrar todas las entradas

miércoles, 17 de agosto de 2011

Todos no mesmo saco?


Dirixíame ós Chans da Serra para incorporarme á visita guiada das X Xornadas de Historia e Cultura cando a altura de Rego Pereiro, no monte de Nebra, divisei este pequeno conato de incendio en Agrelo-Porto do Son. Ás 11:23 chamei ao 085 para darlles conta da incidencia e xa me comunicaron que habían recibido outro aviso e posto en marcha o dispositivo de seguridade.

Hoxe sae publicado en La Voz de Galicia que a presunta orixe deste incendio foi unha roza que estaba a facer un veciño..., o mesmo que dou a voz de alarma en primeiro lugar ao decatarse que non era quen de sufócalo... e que foi detido. Neste caso e noutros parecidos ollase que a eficiencia da Xunta e dos investigadores é do 100%, mágoa que nos grandes incendios, eses que desbastan Galicia, non sexa como mínimo un 50%. Ao mellor outro galo nos cantaría.

Retranca a parte, coido que a Xunta e a prensa deberían saber distinguir entre detencións de incendiarios «profesionais», por denominalos dalgunha maneira, e imprudentes. Non é o mesmo prendelo lume a postas, que facelo por un descoido froito dunha queima con permiso, que outro causado sen el, ou coma neste caso, por culpa dunha chispa causada por unha desbrozadora. Dado como se as gastan uns e outros con este tema, que-lle dan a mesma publicidade a todos, hai que andar con pes de chumbo. Dende que o día de San Xoán Medio Rural suspendeu os permisos de queimas ata novo aviso, no meu caso non só abortei a queima que tiña programa para ese día, se non que ademais decidín paralas tarefas de roza que estaba efectuando, porque aínda haxa lagoas informativas neste aspecto, en tempadas de risco estas labores están prohibidas.

jueves, 30 de junio de 2011

O Parlamento e as leis non apagan os lumes

Risco de incendios o 30 de xuño de 2011
As zonas coloreadas en vermello presentan un risco extremo, de máis do 81%
Fonte: Consellaría de Medio Rural
Tódalas noticias que recabou hoxe a Organización Galega de Comunidades na sua web, refirense única i exclusivamente a incendios forestais e a unha disputa no Parlamento, coma se hoxe en día os tres partidos políticos do arco parlamentario poidesen estar orgullosos da súa política contra o lume.

Só digo unha cousa e quixera trabucarme, como non melloren as condicións atmosfericas isto vai ser un polvorín coma o do ano 2006 e agardemos que no no sexa peor que o do ano 1979. Dende a oposición todo é de cor de rosas e seguramente algún estarase lembrando daquela patética foto e dos seus asesores.

Despois da retranca toca poñerse serios. Que haxa lumes non é culpa dos políticos, nin porque os montes estean sen limpar, é porque hai xente que odia a NOSA TERRA. É certo que algúns teñen outras opinións diferenciasdas, digamos máis partidistas, pero o problema real é que Galicia arde de Norte a Sur e de Oeste a Este, non por se máis de dereitas, de ezquerdas ou nacionalista.

A Lei anti incendios do bipartito impide á Xunta asinar convenios cos concellos para limpar perímetros de núcleos rurais
  • Así o explicou de novo no Parlamento o conselleiro do Medio Rural, en resposta a unha pregunta do grupo socialista
  • Samuel Juárez insistiu en que a Xunta non só non rebaixou os orzamentos para prevención de incendios, senón que os incrementou
O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, reiterou hoxe no Parlamento que a lei vixente sobre prevención e defensa contra os incendios forestais (aprobada polo bipartito) non permite a sinatura de convenios entre a Xunta e os concellos para a limpeza de faixas perimetrais dos núcleos rurais. En resposta a unha pregunta do grupo socialista, o titular de Medio Rural insistiu en que a actual Xunta consultou cos servizos xurídicos da Administración Autonómica esta posibilidade, que foi desbotada con argumentos legais.

A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que o mantemento das franxas de seguridade sempre é responsabilidade do titular da parcela ou infraestrutura en cuestión. Así, no caso de fincas particulares ou vivendas, os responsables serían os seus donos; no que corresponde a infraestruturas viarias, ferroviarias ou liñas eléctricas, serían os seus titulares, sendo a Xunta administración subsidiaria para esixir o cumprimento da lei e, no caso dos núcleos rurais, a responsabilidade corresponde por esta lei aos concellos, sen que se poida –tal e como explicou hoxe de novo Juárez na Cámara galega– repartila entre diferentes administracións.

O titular de Medio Rural reiterou que comparte a filosofía de fondo da lei de prevención no sentido en que os propietarios (de terreos ou infraestruturas) deben ser os principais responsables da súa limpeza e mantemento e insistiu en que non semella lóxico que os cartos de todos (dos orzamentos dos concellos ou da Xunta) sirvan para costear algo que deberían asumir os particulares aos que lles corresponde en cada caso.

Incremento de orzamentos
Ademais, Juárez volveu insistir en que a Xunta non só non rebaixou os orzamentos para prevención de incendios, senón que os incrementou. Así, en subvencións para comunidades de montes en man común destínanse este ano 2,8 millóns de euros, fronte –por exemplo–aos 1,8 millóns presupostados polo bipartito en 2008. Tamén, para convenios cos concellos para desbroces de pistas municipais (non confundir coas faixas perimetrais de vivendas ou parcelas) en 2011 o presuposto da Xunta destina 2,6 millóns de euros, fronte aos 1,6 do exercicio de 2008.
Pontevedra: La falta de medios obliga a bomberos y policía a atajar varios incendios forestales

CMVMC Valeixe (A Cañiza)-Pontevedra: Extinguido o incendio forestal rexistrado no municipio pontevedrés da Cañiza

CMVMC Ribadetea (Ponteareas)-Pontevedra: Controlado o incendio forestal rexistrado no municipio pontevedrés de Ponteareas

Extinguido o incendio forestal rexistrado no municipio lucense de Ribeira de Piquín-Lugo e dous activos na provincia da Coruña

Permanecen activos catro lumes forestais rexistrados en Ponteceso, Cabana de Bergantiños e A Baña-A Coruña e Silleda-Pontevedra

Medio Rural pide a FEGAMP a suspensión dos fogos de artificio nos concellos da fachada atlántica da Coruña

CMVMC Oeste, Catoira, Dimo e Abalo (Catoira)-Pontevedra: Os comuneiros de Catoira reclaman axudas para limpar e evitar incendios

CMVMC Coruxo (Vigo)-Pontevedra: Queiman 30.000 metros de monte en Coruxo

CIG-Servizos reclama un servizo público de prevención e extinción unificado no Pladiga, para acabar coa “economía do lume”
Denuncian que o operativo de extinción non estará completado, en teoría, até o 25 de xullo, malia o alto risco existente e anuncian mobilizacións”
>

sábado, 18 de diciembre de 2010

Obrigacións dos propietarios de montes

A Xunta explica aos concellos galegos as competencias e responsabilidades contempladas na Lei de montes

A Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia indica, na súa exposición de motivos, que nos últimos anos produciuse unha crecente proliferación de incendios na zona urbana-forestal, é dicir, nas áreas que abarcan o perímetro común entre os terreos forestais e os núcleos de poboación habitados (en total 31.550 núcleos de poboación, que supoñen o 50% do total no territorio español).

A lei recoñece a necesidade de adoptar, a curto prazo, actuacións que controlen a biomasa vexetal con alto poder combustible nas proximidades dos núcleos de poboación, das infraestruturas, vías de comunicación e equipamentos sociais, asegurando a súa retirada a través da obriga das persoas titulares ou, no seu caso, por parte das administracións públicas a través de procedementos áxiles, con cargo aos responsables.

Cen metros
Así, no caso das franxas de 100 metros arredor de calquera núcleo de poboación (edificacións, urbanizacións, recolledores de lixo, cámpings, instalacións recreativas, obras, parques e instalacións industriais) situadas a menos de 400 metros do monte, os propietarios ou arrendatarios deberán realizar o control da vexetación, e eliminar as árbores das especies incluídas na disposición adicional terceira da lei nos primeiros 50 metros. En caso de incumprimento, os entes locais poderán notificar aos responsables a súa obriga, advertíndolles da posibilidade de execución subsidiaria en caso de incumprimento.

A Lei establece a obriga da realización polo propietario e a execución subsidiaria polo concello, trasladando os custos aos propietarios. Exclúe, polo tanto, a posibilidade de execución polos concellos de xeito directo ou a través de convenios coa Xunta de Galicia.
Adiantándome á lei, no ano 2006 encargara á cuadrilla habilitar franxas a carón de varias aldeas: Cadeiras, Perdigueira, Resúa e Queiro, na foto, aínda así o lume achegouse perigosamente ás casas e houbo que evacuala aldea. Agora a Lei é máis drástica e obrigaranos a cortar tódolos arbores que haxa a 50 metros.

Isto lémbrame que cando a cuadrilla estaba desbrozando no camiño da foto, habíalles explicado que a miña idea sería cortar algúns eucaliptos a un lado e outro para habilitar unha franxa máis ancha de seguridade e despois eses traballos incluso se podían facer máis rápidos co tractor como nas pistas e a cuadrilla, de paso dedicarse a outras zonas. Segundo me dixeron despois, polo visto iso no podíamos facer, xa se encargou despois o lume, pero agora vexo que a lei é moito máis drástica. Non tanto coma quería un ex-presidente americano, que propoñía cortar tódolos bosques, pero case.
Se aplican a lei tal cal, a xuntanza parece que é para iso, a paisaxe e a fisionomía a carón das nosas parroquias e aldeas vai ser brutal, porque Galicia non é Castela.
Lei 3/2007, de 9 de abril