Mostrando entradas con la etiqueta Noal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Noal. Mostrar todas las entradas

miércoles, 17 de agosto de 2011

Todos no mesmo saco?


Dirixíame ós Chans da Serra para incorporarme á visita guiada das X Xornadas de Historia e Cultura cando a altura de Rego Pereiro, no monte de Nebra, divisei este pequeno conato de incendio en Agrelo-Porto do Son. Ás 11:23 chamei ao 085 para darlles conta da incidencia e xa me comunicaron que habían recibido outro aviso e posto en marcha o dispositivo de seguridade.

Hoxe sae publicado en La Voz de Galicia que a presunta orixe deste incendio foi unha roza que estaba a facer un veciño..., o mesmo que dou a voz de alarma en primeiro lugar ao decatarse que non era quen de sufócalo... e que foi detido. Neste caso e noutros parecidos ollase que a eficiencia da Xunta e dos investigadores é do 100%, mágoa que nos grandes incendios, eses que desbastan Galicia, non sexa como mínimo un 50%. Ao mellor outro galo nos cantaría.

Retranca a parte, coido que a Xunta e a prensa deberían saber distinguir entre detencións de incendiarios «profesionais», por denominalos dalgunha maneira, e imprudentes. Non é o mesmo prendelo lume a postas, que facelo por un descoido froito dunha queima con permiso, que outro causado sen el, ou coma neste caso, por culpa dunha chispa causada por unha desbrozadora. Dado como se as gastan uns e outros con este tema, que-lle dan a mesma publicidade a todos, hai que andar con pes de chumbo. Dende que o día de San Xoán Medio Rural suspendeu os permisos de queimas ata novo aviso, no meu caso non só abortei a queima que tiña programa para ese día, se non que ademais decidín paralas tarefas de roza que estaba efectuando, porque aínda haxa lagoas informativas neste aspecto, en tempadas de risco estas labores están prohibidas.

viernes, 4 de marzo de 2011

A Comunidade de Montes de Camposancos censura o "agasallo" de terreos

Aproveitando esta noticia de fai seis anos, permitanme que siga insistido na cacicada cometida con meu pai por uns directivos que non saben o posto que ocupan e unha Consellería do Medio Rural, que non foi quen de pedirlle desculpas e pararlles os pes.
A Comunidade de Montes de Camposancos, que preside Álvaro Martínez Carrero, manifesta a súa rotunda crítica pola cesión gratuíta realizada pola Entidade Local Menor de Camposancos sobre 5.000 metros cadrados de terreo comunal situado en Coto, para destinar á apertura dun novo viario de acceso á futura residencia para maiores que está en fase de construción. Os comuneiros calculan que o valor desta superficie, por ser edificable, podería superar os 300.000 euros e pregúntanse por que se "regala" este patrimonio.

O presidente sinala que desde a comunidade de montes solicitouse información á Entidade Local Menor para coñecer "que beneficio lle reportaba ós veciños de Camposancos, que convenio se asinase e a superficie que ocupaba dito viaria".

Segundo manifesta Martínez Carrero, as respostas foron que "non había convenio e que non sabían a superficie".

A comunidade de montes considera que a Entidade Local Menor "ten que tratar de buscar ingresos e defender ou patrimonio, polo que esperabamos que xestionara e defendera vos bens que herdamos dous nosos antepasados e que conservamos durante tanto tempo e administrásevos en beneficio de todos vos campesiños", manifesta.

O presidente lembra que a comunidade de montes "foi crítica con permutas que consideramos inxustas, porque ó noso entender non se fixeron igualando ou valor dous terreos que se permutaban". Por ese motivo considera que "temos que condenar tamén este regaliño que se fai a cambio de nada, argumentando que vos terreos seguen sendo públicos".

Sinala que a situación abre interrogantes como saber se o pobo necesitaba destinar 5.000 metros cadrados "a lucir a entrada dá nova residencia". Valoran que se é certa a creación dun parque entre a pista e a nova estrada, tamén resultará un elemento que fará máis atractiva a instalación xeriátrica.

Pregúntanse por que non se negociou coa empresa que se vai a beneficiar "para sacar vantaxes tamén para ou pobo e equilibrar a balanza".

Queren saber se quenes tomaron o acordo da citada cesión tamén entregarían os terreos a cambio de nada, se fosen da súa propiedade.
Esta é a pregunta do millón que me levo facendo fai tempo: actuarían igualmente os nosos directivos se o agro de meu pai fose deles ou de seus pais?

As fotos que ilustran a entrada de hoxe foron tomadas nos lindes da nosa comunidade coa de Noal. A primeira correspondese ao primeiro marco do que teño coñecemento, no que gravaron esas iniciais: O Son á esquerda, Nebra á dereita.
Abaixo á esquerda, vista a divisoria dende outro plano e á dereita, o mogón que colocaron na Ditadura para delimitalos montes públicos dos privados.