A raíz da «sempiterna nota agarimosa» que o presidente nos engadira na convocatoria de arriba, pedinlle nunha entrada que non nos vacilase e non ía moi desencamiñado. Obsérvese se non o que para min non deixa de ser unha burla e vacile aos comuneiros e comuneiras, xa que non só non cumpre o que di nas asembleas, se non que incluso cando o promete por escrito: «De aquí en adiante e á vista da mellora, pensamos que se debía reunir máis frecuentemente a asemblea de Nebra, mais queremos insistir en que tódalas semanas hai cousas que falar, para perseverarmos nesta melloría, e para axudarmos á directiva a equivocarse menos e acertar máis»
Se o presidente entende que convocarnos unha vez ao ano, vexase a única convocatoria do 2010, é reunirnos máis frecuentemente, apaga e vamos. Estou seguro que o presidente dos comuneiros e comuneiras de Cabral non prometeu tantas, pero aí esta convocando asembleas claves para sacar adiante á Comunidade.
Dúas asembleas claves en menos de medio anoFonte: Faro de Vigo
Co litixio de Aena recentemente pechado e só pendentes algúns flocos sobre a contía final da indemnización, os comuneiros de Cabral acudirán ás urnas o próximo 19 de xuño para decidir quen presidirá a Comunidade o tres próximos anos.
Antes desa data, e para "evitar unha sobrecarga de asembleas", o 16 de abril os veciños terán que votar os orzamentos do ano 2011. Neles irán incluídos os primeiros gastos dos 7,2 millóns de euros pagos por Aena e a redacción do plan de investimentos a 15 ó 20 anos.
Mentireiros compulsivosO actual presidente, Luís Rodríguez, confirmou onte que pretende presentarse á reelección xunto con todo o seu equipo. "Teño pensado presentarme exactamente coa mesma xente", explicou onte. O período para a presentación de candidaturas abrirase en maio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario