Nesta ocasión non é preciso que teña que saír do Concello para amosarlles as distintas formas de xestionar unha comunidade. É sabido e así o reflicte a Lei de Montes, que o censo de comuneiros debe actualizarse no mes de xaneiro, aínda que o presidente cando lle reclamei ese cumprimento me tentase vacilar.
Digo que o seu quedou nun intento, aínda que en realidade os vacilados foron os comuneiros e comuneiras, porque el dispón dunha copia da lei que aportei persoalmente cando tomei posesión coma secretario e polo tanto mellor, que eles, sabía que eu non mentía. Vexan se non, o debate que recollín nesta entrada: Sen comentarios
«Francisco Calo pide que conste en acta que a lei de montes di que a actualización do censo debe facerse antes do 31 de xaneiro.
Argumenta a continuación o vicepresidente, que se decidiu actualizalo censo na primeira asemblea do 2009 (3 de maio) porque de non facelo así, a xente non podería coñecer nin aprobar as novidades de baixas e altas, e a directiva só podería publicar a relación de veciñas e veciños do ano anterior.
Engade ademais o presidente, que non sabe a que lei fai referencia o comuneiro, aínda que en calquera caso considera axustado é lóxico o exposto polo vicepresidente».
Copio e pego literalmente: Conforme ao previsto no artigo 60 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común; no mes de xaneiro de cada ano debe actualizarse o libro de rexistro de comuneiros/as.

O impreso de altas, baixas e cambio de titularidade pode deixalo quedar na casa da cultura da nosa parroquia, de luns a venres en horario de tarde. Pasaremos a recollelos quince días antes da asemblea.Outra cousa na que están a anos luz é que mentres aquí o ano pasado só convocaron unha asemblea, alí celebraron tres. Ademais do aliciente de que días despois os comuneiros e comuneiras tiveron ao seu dispor un resumo da asemblea. Aquí disque no fan porque presuntamente algúns comuneiros queixáronselle. Sería na taberna, porque nas asembleas reclamóuselles ese dereito.
Como ben sendo habitual nas nosas asembleas, tomamos lista de asistencia para verificar o quórum e poder celebrar a sesión. Malia que a asistencia sexa obrigatoria para todas aquelas persoas comuneiras que voluntariamente decidiron formar parte desta Comunidade, raramente superamos unha asistencia do 50%. Situación certamente desconcertante para os/as membros da actual directiva xa que hai a posibilidade de que, en caso de que unha persoa comuneira non poida asistir á asemblea, pode facelo o seu suplente (residente na mesma casa) e tamén, de non poder asistir ningunha destas dúas persoas, o/a comuneiro/a pode delegar a súa representación por escrito en calquera outro/a comuneiro/a da súa confianza.
Non se pode recorrer á falta de información xa que a convocatoria das asembleas publícase no taboleiro de anuncios do noso concello; envíase carta á casa de cada unha das persoas comuneiras; colócanse carteis nos establecementos da parroquia e; informase ademais a través de correo-e e desta bitácora.
Por todo isto, decidiuse por unanimidade en asemblea que, as persoas comuneiras que non asistan a tres asembleas consecutivas, perdan automaticamente a condición de comuneiro/a. Desta volta (na vindeira asemblea), deixan de formar parte desta comunidade nada menos que 35 persoas por este motivo.
Esta é unha comunidade viva, que traballa, aprende, discute, comparte, … sempre a prol do común e grazas á implicación das veciñas e veciños de San Pedro de Muro. Así debe ser; isto é comunidade!
Febreiro, 03: Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria (febreiro´10)
Febreiro, 13: Resumo da Asemblea
Xuño, 26: Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria (xuño´10)
Xuño, 28: Resumo da Asemblea
Outubro, 31: Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria (outubro’10)
Novembro, 01: Resumo da Asemblea
Xaneiro, 21: Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria (xaneiro´11)
No hay comentarios:
Publicar un comentario