É triste, sobre todo para familia que o sofre, que a Administración, nos expropie un terreo ou o que é peor, a casa, e por riba, o que nos dean por ela nin por asomo chegue para levantaremos outra. Pero tamén e triste que estando en Democracia (na Ditadura habería que calar), que uns políticos, que como persoas tiveron ben pouco, arramplen con terreos privados para facer unha pista sen abrir un proceso de expropiación e só actuasen en base exclusivamente á familiaridade e militancia no mesmo partido político, entre quen dou a orde de abrila e quen a executou. Non me cansarei de dicilo, o que lle fixeron a meu pai o presidente da comunidade e o seu curmán o Conselleiro de Medio Rural, ambos militantes do BNG, foi unha autentica cacicada, un roubo e por riba, mofáronse del na Consellería, dicíndonos que se non estabamos contentos que denunciásemos.
Para que perdelo tempo e os cartos? Se chega a denunciar e no suposto caso de que gañase «a pista xa non tería volta atrás» e o que lle desen non lle daría nin para pagar ao avogado. Por iso en moitos casos as Administracións caciquís como foi o caso, actúan así, con premeditación e aleivosía, sabendo que xogan con vantaxe e cos nosos cartos.
Na foto un dos "mogóns" que se colocaron no franquismo nos nosos montes, para delimitalas propiedades privadas do monte común. Se calquera veciño tentase trocalos de posición ou de haber valados, movelos, a Administración actuaría de oficio, pero como foi do revés calaron.
Antes dixen: Expropiacion ilegal e Medio Rural non contesta
Para que perdelo tempo e os cartos? Se chega a denunciar e no suposto caso de que gañase «a pista xa non tería volta atrás» e o que lle desen non lle daría nin para pagar ao avogado. Por iso en moitos casos as Administracións caciquís como foi o caso, actúan así, con premeditación e aleivosía, sabendo que xogan con vantaxe e cos nosos cartos.
Na foto un dos "mogóns" que se colocaron no franquismo nos nosos montes, para delimitalas propiedades privadas do monte común. Se calquera veciño tentase trocalos de posición ou de haber valados, movelos, a Administración actuaría de oficio, pero como foi do revés calaron.
Antes dixen: Expropiacion ilegal e Medio Rural non contesta
Uns 35.000 galegos aos que se lles expropiou algún tipo de ben nos últimos cinco anos entraron «en conflito» coa entidade expropiante.Fonte: La Voz de Galicia. Orixinal en castelán
«Ao principio non o crin, pensei que era un deses proxectos que, ao final, quedan en nada. Pero cando me chegou a notificación da Xunta...». Creullo, pero non o acepta, di Ana Montserrat Pintos. Segundo o desdobramento previsto da PO-542, tiraranlle a súa casa de Marcón (Pontevedra) e ocuparán tamén gran parte do seu terreo.
Cando a Administración (estatal, autonómica ou local) expropia, dáse por feito que o fai para algo que redundará en utilidade para toda a sociedade, xa que logo, en progreso. Con tal fin atópase, pois, con particulares, e cos bens ou dereitos destes. A cambio de que se desprendan deles, fíxase un prezo en concepto de indemnización. Así, vista a necesidade de expropiar, orixínase o correspondente expediente. Pode existir un acordo de prezo entre particular e Administración, pero cando non o hai, eses expedientes van aos chamados xurados de expropiación forzosa: «Órganos colexiados especializados na fixación de justiprecios en vía administrativa, cuxos acordos -se tampouco son aceptados polo particular- poden ser obxecto de recurso de reposición en vía administrativa ou de recurso contencioso-administrativo en vía xudicial», explica Manuel González Sarria, presidente do Xurado de Expropiación de Galicia, creado o 14 de febreiro do 2006. A este órgano van parar os expedientes orixinados por expropiacións da Administración autonómica ou local, mentres que, para as expropiacións do Estado, existen en Galicia os correspondentes catro xurados provinciais.
Segundo os datos facilitados por eses órganos, considerando os expedientes de entrada neles desde o 2006 e usando o pertinente método para aproximarse ao número de particulares, algo máis de 35.000 galegos litigaron coa Administración correspondente por este motivo.
Avances e dano
«Non nos imos opoñer a que ou mundo xire, pero aquí estase facendo un dano gratuíto», di José Benito Fernández, portavoz dos veciños afectados polo viario O Pino-Bora, algo menos dun quilómetro e medio que dará acceso ao futuro hospital de Monte Carrasco (Pontevedra). «A rolda urbana acordada antes desta polas catro Administracións só afectaba a leiras, e agora optar por unha que tira casas...». Detrás disto, ven cuestións políticas. «As comunicacións están ben, pero matar a vida dúas pobos», considera, para outro caso, Emilia V. Martínez, expropiada en Lugo. Moitos pasan por esta situación e, outros, atópanse a día de hoxe «atrapados» entre progreso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario