De Que pasa na costa |
A verdade que é difícil de entender como un día coma o de onte, no que xa avisaban de altas temperaturas, e na primeira semana de abril (augas mil), se fixese esta "queima controlada", que vista dende O Son, impresionaba a súa fumareda.
Abril é o que ten, tanto pode vir un ano que non chove nada, como que o faga todo o mes. Os que agardabamos todo o ano polo San Marcos lembramos anécdotas coma estas: que chovese hasta o día 24 e o 25, lucise un sol de verán. Pero tamén se ten dado do revés, que non chovese nada en todo o mes e xusto o 25, choiva a esgalla. A carón da miña casa pasa o río Quintáns e de momento aínda non se desbordou, e faríaseme raro que rematase o mes sen facelo.
Ven todo isto a conto, porque como se-lle dea por vir un só día deses chuviosos é doado adiviñar que vai pasar coa cinzas que quedaron trala queima. Queimas que por outra parte tamén se acometen nalgúns tecores con previa autorización da Comunidade de Montes e visto e prace da Consellería do Medio Rural. En Nebra no ano 2006 autorizouse unha nun radio de 5 Has.
Comentase que é para evitalos incendios do verán, mal remendo se é verdade. Noutras zonas sen embargo intenta evitalos con outros medios menos drásticos e máis naturais, que de ir avante, mesmo podería criar algún postos de traballo e deixar moitos máis beneficios que o lume. Dende logo se me fan escoller, optaría por esta formula, pero claro, eu non son político, nin tan sequera directivo na comunidade.
Para que se dean unha idea do que ten o mes tolo de abril, dío as claras esta foto da fervenza dos Guerreiros (Cadarnoxo-Cures), tomada o 19 de abril de 2008.
O vídeo é moito máis explicito.

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Douro-Douro presentou oficialmente o Proxecto Self-Prevention na sede do Goberno Civil de Garda (Portugal), iniciativa que prevé a reintroducción dun total de 150.000 cabras na franxa comprendida entre Salamanca e o veciño país luso co fin de que estas convértanse en "limpadoras naturais" dos montes co fin de previr os incendios.Fonte orixinal: Xornal.com
A presentación estivo arroupada polos representantes institucionais de España e Portugal que acudiron ao acto para mostrar o seu apoio ao proxecto como método innovador de prevención de incendios forestais e de desenvolvemento sustentable.
O acto estivo presidido polo Gobernador Civil de Garda, Antonio José Santinho Pacheco, quen sinalou no seu discurso inaugural que Self-Prevention é un proxecto esencial para asegurar o desenvolvemento rural defendendo as áreas forestais do territorio.
O Gobernador Civil de Bragança, Jorge Manuel Nogueiro Gomes, destacou tamén a importancia estratéxica da prevención de incendios do Proxecto Self-Prevention xa que "a natureza é nosa principal riqueza".
Tamén tomou a palabra Jesús Málaga Guerreiro, subdelegado do Goberno en Salamanca, quen afirmou que tanto Portugal como España son dous países que souberon aproveitar a súa entrada na Unión Europea. A pesar diso, as zonas de interior continúan despoblándose por falta de plans de desenvolvemento que contribúan a crear emprego e vida nas áreas rurais. Citou como exemplo á provincia de Salamanca, que é a máis gandeira de toda España, na que xa non quedan apenas rabaños de cabras porque o campo abandonouse.
PROXECTO "CUESTIÓN DE ESTADO"
Mostrouse, segundo as súas propias palabras, "entusiasmado" co Proxecto Self-Prevention porque volverá crear plans de futuro no rural, e porque permitirá que o campo teña un bombeiro animal capaz de chegar ás zonas máis inaccesibles. Mostrou o seu total apoio ao proxecto, e asegurou que en breve Self-Prevention converterase nunha "cuestión de estado" para España e Portugal, converténdose nunha referencia a nivel europeo en materia de protección ambiental.
A presentación de Self-Prevention foi iniciada por Jo*ou Manuel Dous Santos Henriques, coordinador territorial da AECT, quen fixo unha precisa descrición da Agrupación Europea Douro-Douro e dos seus ámbitos de actuación.
O director xeral da AECT, José Luís Pascual Criado, expuxo todos os detalles do Proxecto Self-Prevention. Segundo as súas propias palabras, ademais de actuar activamente para previr incendios, o Proxecto supón un modelo de desenvolvemento socioeconómico para todo o territorio do a Agrupación Europea Douro-Douro.
Para acabar co lume -dixo- é necesario investir en materia de prevención, pero tamén fai falta a implicación dos habitantes. Defendeu Self-Prevention como un proxecto social, de territorio, para as persoas que o habitan, xerando un plan de futuro a longo prazo.
Ao termo da presentación, todas as autoridades presentes asinaron un protocolo de colaboración para a extinción de incendios. Ao acto só faltou a presenza do Ministro de Administración Interna de Portugal, Rui Pereira, que non puido acudir no último momento por cuestións persoais.
O Proxecto Self-Prevention traballa desde a base, é dicir, a prevención de incendios. Aposta por reintroducir 150.000 cabezas de gando caprino para que sexan os propios animais quen actúen como "limpadores naturais" dos campos agrícolas abandonados, montes e cunetas, deixando libres de vexetación zonas en potencial perigo de incendio.
O Proxecto Self-Prevention articularase ao redor dunha empresa de participación público-privada que optimizará a súa sustentabilidade económica grazas á produción e comercialización de leite e derivados caprinos, xerando unha oferta laboral de case 500 postos de traballo en toda a zona de actuación da AECT.
O vídeo é moito máis explicito.
Información ampliada o 23 de abril, véspera da Pascua de Padrón e antevéspera de San Marcos de Noia, feiras cabalares que este ano coincidiron xuntas.
Alguén se imaxina o que houbese pasado se as trombas que caeron estes días en Galicia, aconteceran na zona onde se fixo esa queima?
Máis fotos: Temporal en Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario