domingo, 17 de abril de 2011

Cornudos e apaleados

O promotor cando iniciou o movemento de terras previo á construción
Foto: La Voz de Galicia
Xa aconteceu fai dous anos, e non sei como remataría todo, pero resultoume cando menos curioso que o Concello obrigase aos comuneiros a limpar esta parcela baixo pena dunha forte sanción, e despois, da-lle licenza a un promotor para facer un chale. Agora seguramente entenderan o título da entrada.
Os comuneiros de Darbo denuncian a usurpación de monte en Santa Marta para construír un chalé.

A comunidade de montes da parroquia canguesa de Darbo denunciou no Concello e ante a Consellería de Medio Rural o inicio das obras de construción dun chalé nunha parcela no lugar da Costa, no barrio de Santa Marta, que reclama como propiedade comunal.

O Concello outorgou licenza de construción tras presentar o promotor escrituras e o correspondente rexistro de propiedade da parcela. Dáse a circunstancia, con todo, que o propio Concello, en agosto do 2006, requiriu á comunidade de montes para que procedese a limpar ese lugar, advertindo que non facelo podería supor unha sanción entre tres e seis mil euros.

A Costa

A comunidade de montes afirma, por outra banda, que ten inscrito no rexistro como propiedade comunal a zona da Costa, cunha superficie de 10.000 metros cadrados. O concelleiro de Urbanismo, Mariano Abalo, que afirma que a licenza foi outorgada no mandato do anterior alcalde, o popular José Enrique Sotelo, di que o departamento que dirixe está a estudar a situación. «Ou problema é como se lle dá a volta ao calcetín», engade. O promotor tramita unha ampliación da vivenda en cuestión, que aínda non lle foi concedida. A comunidade de Darbo asegura que en maio de 2007 presentou no Concello documentación de varias usurpacións de monte comunal, concretamente cinco casos, pero que o Concello aínda non fixo nada, polo que, engade, «os infractores quedaron impunes».
Fonte: La Voz de Galicia

No hay comentarios: