Que conste que con estas entradas que publico sobre os incendios causados presuntamente por particulares en queimas autorizadas, para nada estou defendendo as posibles neglixencias cometidas, pero é que me choca a rápida aseveración que realiza a administración sobre estes, mentres no acontecido en Bande, aínda seguen divagando.
Só en dúas ocasións solicitei autorización para facer queimas en agros, pero antes de proceder a facelas, preparamos convenientemente as zonas e aprovisionamos de elementos para apagalo lume, ademais de auga, a pesar de que non a tiñamos nada preto. Na primeira fogueira non se achegou ninguén, pero na segunda, feito nunha propiedade preto do Castro de Baroña, si recibimos a visita de dous gardas, que comprobaron se tiñámolo permiso en regra e se tomaramos as medidas de seguridade preceptivas. Dado que este incendios están acontecendo en agros, moito máis perigosos que nas fincas de labrádeo, ollase que ao mellor tamén está fallando a administración.
A lei é unha arañeira que atrapa as moscas e deixa pasar ós paxaros (Anárcasis).

A Policía Autonómica detivo a un veciño de Rianxo como presunto autor dun incendio forestal que tivo lugar no núcleo de Quintáns, pertencente á parroquia de Isorna.Fonte: La Voz de Galicia
O lume que se lle imputa, segundo indican desde a Consellería de Presidencia, orixinouse «pola neglixente realización dunha queima de restos forestais, onde non tomáronse as medidas de seguridade preceptivas marcadas pola lei».
A superficie afectada foi de 1.200 metros cadrados de monte raso. As chamas foron sufocadas polos servizos antiincendios.
Despois de prestar declaración, o detido foi posto en liberdade coa obrigación de comparecer ante a autoridade xudicial cando sexa requirido. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Padrón. A Policía Autonómica imputou este ano a 34 persoas relacionadas con incendios.
A Xunta admite erros no incendio de BandeA xustiza non é outra cosa que a conveniencia do máis forte (Platón).
Declarouse por un escape nunha queima controlada, pola que foron imputados dous técnicos. "Somos persoas, non máquinas", di Fernández-Couto.
O director xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto, admite que "puido haber un erro" no incendio forestal declarado en Bande o venres pasado por mor do escape dunha queima controlada que realizaba a propia Xunta e polo que a Garda Civil de Ourense lles imputou un delito de incendio forestal ós dous enxeñeiros forestais da empresa pública Seaga que atopaban á fronte dos labores...
No hay comentarios:
Publicar un comentario