Corría maio de 2006, cando varios directivos da comunidade acudimos por primeira vez a un congreso da Organización Galega de Comunidades de Montes, concretamente ao terceiro, celebrado no Auditorio Municipal de Caldas, tendo gran repercusión na prensa.
La Voz de Galicia: Os comuneiros galegos expoñen a creación do axente de desenvolvemento do monte veciñal
Diario de Arousa: O comuneiros piden un axente para o desenrolo do monte e Critican que se elimine o monte con usurpacións e abusos coas expropiacións
Faro de Vigo: Demandan que o monte veciñal non sexa reserva de terreo barato
Algúns non aprenderon nada a pesar da avultada factura que entre dietas, comidas e desprazamentos lle pasamos á comunidade. Digo nada, porque mentres neses días criticabamos o abuso de poder da Administración en canto a expropiacións dos montes veciñais, meses despois, entre o concubinato ou complicidade dalgúns directivos e Medio Rural, sen que houbese expropiación polo medio, atravesáronlle con unha pista os montes a varios veciños. Montes polo que os seus propietarios pagan "relixiosamente" a contribución e agora, incluso por un cacho que non é deles, se non unha pista. Esa é a coherencia dalgunha xente que "presume" de defender máis que ninguén os dereitos dos veciños... xa se viu.

O terceiro congreso galego de comunidades de montes concluíu que a Administración abusa das expropiacións do monte comunal.Máis barato que o caso que denuncio, non creo que se dera en ningunha outra expropiación legal.
O abuso das administracións á hora de realizar expedientes de expropiación nos montes comunais foi un dos puntos de debate do terceiro congreso galego de comunidades de montes de Galicia. Os asistentes concluíron que o uso destes terreos para equipamentos sociais ou industriais debe realizarse a través de acordos sobre cesións e respectando, sempre a titularidade veciñal.
Din que as administracións deben respectar o poder de decisión dos veciños sobre as súas propiedades comunais e abandonar a concepción "simplista e miope" de considerar ao monte veciñal unicamente como reserva de terreos baratos.
Ademais os comuneiros solicitan que na revisión do Estatuto de Autonomía recoñézase a propiedade veciñal diferenciada da pública e da privada. "Esiximos que Galicia teña competencias plenas e exclusivas sobre o monte veciñal, incluíndo o réxime fiscal", sostén o comunicado dos comuneiros.
Tamén esixen a creación dun departamento específico que condense a revitalización e desenvolvemento do monte veciñal. Por iso reclaman a creación da figura do axente de desenvolvemento do monte veciñal.
Tamén piden a administración que en casos de grave abandono do monte veciñal por incapacidade de xestión dos veciños ou desaparición da poboación, a Xunta de Galicia debe facerse cargo da xestión, coa axuda das comunidades próximas e os concellos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario