viernes, 17 de junio de 2011

Borrador do anteproxecto da Lei de montes de Galicia

Aldeas de Nebra: A Escorrentada
ANUNCIO do 10 de xuño de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, polo que se acorda someter a información pública o borrador do anteproxecto da Lei de montes de Galicia.

De conformidade co artigo 16.1 a) da Lei 27/2006, do 18 de xuño, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente, para promover unha participación real e efectiva do público na elaboración, modificación e revisión dos plans, programas e disposicións de carácter xeral relacionados co ambiente a que se refiren os artigos 17 e 18 desa lei, as administracións públicas, ao establecer ou tramitar os procedementos que resulten de aplicación, velarán por que se informe o público, mediante avisos públicos ou outros medios apropiados, como os electrónicos, cando se dispoña deles, sobre calquera proposta de plans, programas ou disposicións de carácter xeral.

Dentro das materias sobre as que deben as administracións públicas asegurar que se observen as garantías en materia de participación, atópase a materia de montes e aproveitamentos forestais, segundo o artigo 18 da Lei 27/2006, do 18 de xuño.

Por outra banda, e de conformidade co parágrafo segundo do artigo 42.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, cando o contido e a repercusión da disposición o aconsellen será sometida a información pública.

Iniciada a tramitación do borrador do anteproxecto da Lei de montes de Galicia, de conformidade co artigo 16.1 a) da Lei 27/2006, do 18 de xuño, e co artigo 42.3 da Lei 16/2010, do 17 decembro,

ACORDO:

Someter a información pública, por un prazo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste acordo, o borrador do anteproxecto da Lei de montes de Galicia.

O borrador do anteproxecto da Lei de montes de Galicia poderase consultar na páxina web da Consellería do Medio Rural.

As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas á Dirección Xeral de Montes, en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2011.

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural

2 comentarios:

Monte Pituco dijo...

E, por suporto, fará correr ríos de tinta.

Paco do Martelo dijo...

Xa leva uns anos a correr, porque a criatura e ben mala de parir. A súa modificación empezouse baixo o goberno do señor Fraga, pasou polo bigoberno do señor Touriño sen pena nin gloria e agora, o goberno do señor Feijoo quere cravarlle a "puntilla".
O malo deste tema é que os "ben comúns" doen menos que os propios. Así foi como nalgunhas manifestacións convocadas pola Organización Galega de Comunidades de Montes e afíns aos dereitos do monte, pola miña parroquia só aparecía eu nelas.
Gracias.