viernes, 17 de junio de 2011

Tanto custa informar?

Moitos comuneiros e comuneiras, entre os que me conto, sempre nos gustou coma propietarios do monte coñecer de primeira man cando e onde se ían producir cortas. Tamén demandabamos saber quen as autorizaba, posto que a maioría das que se fixeron, e xa levabamos unhas cantas dende o ano 1979, só en tres ocasións no período 1991-1995 foran aprobadas en asemblea.

A primeira vez acontecera ao pouco de tomar posesión unha directiva, despois de levar varios anos boicoteada a comunidade por culpa dunha querela criminal da que a día de hoxe descoñecemos como quedou a cousa. En menos dun ano, os mesmos directivos volveron a solicitar outra autorización para catro cortas en monte excluído do Convenio coa Xunta.

Antes de rematala lexislatura decidiron actuar noutra zona, en Cadeiras, nos lindes coa Comunidade de Goiáns-Portosín, porque presuntamente reclamaban como seu esa parte de monte. Entón á directiva ocorréuselles cortala madeira, aducindo o presidente que: se-lla cortamos, seguro que xa non o reclamaban. A día de hoxe aínda non entendo porque actuaron así, xa que se sempre foi noso, por que tiñamos que cortar a madeira? Pensaban que matando o can, remataban coa rabia? Con esa postura, indirectamente non estaban poñendo en dúbida a propiedade? Por outra parte, por moito que cortaramos a madeira, se Goiáns reclamase e lles desen a razón, teriámoslle que reintegralos cartos. O certo é que esa "ameaza" calou na xente e cando propuxeron a súa corta nunha asemblea, aprobouse sen máis.

Nesa lexislatura a Xunta no resto de cortas polo visto actuou de oficio, a pregunta é obvia, por que nese caso non lle interesou "mollarse" declinando toda responsabilidade só na comunidade? Como ben digo, do resto de cortas oficialmente non tiñamos nin tan sequera información «no meu caso era diferente xa que un directivo doutra comunidade si que me pasaba os datos» hasta no intre que aparecían as cuadrillas para cortala madeira, todo ilo a pesar de que sen saber a que viña a conto, varios directivos desprazaron varias veces a ollalas poxas co que iso implicaba: dietas, manutención e gastos de transporte.

Cando fun elixido secretario, prometinme a min mesmo que toda canta información pasara polas miñas mans seríalle exposta aos comuneiros e comuneiras. Xa podería cometer outros erros, pero por esta cuestión ninguén se me ía anoxar, por iso cando recibía os comunicados das poxas, o mesmo día expoñía todo no taboleiro de anuncios. Por certo, a orde viña de arriba, nós nunca solicitamos ou autorizamos ningunha, a pesar de que nunha reunión na Consellería lle expuxera este tema.

Non quero pasar tampouco por alto, que tal e como contempla a Lei de Montes, dez días antes da celebración das asembleas, tódolos días atendía unha hora aos comuneiros e comuneiras que tiñan interese en comprobala documentación da orde do día, algo que dende a miña saída tamén se suprimiu.

Xa que a quen-lle corresponde facelo no no fai, no cadro que adxunto poden ver toda información referente á próxima poxa de madeira no noso monte... e noutros. A zona de corta é a que aparece ensombrecida na foto aérea.

poxas_madeira

No hay comentarios: