martes, 14 de junio de 2011

Volven a activarse os permisos de queimas

A Consellería do Medio Rural volve a activar desde onte, luns, os permisos para facer queimas controladas, unha vez que as previsións meteorolóxicas permiten a realización destas tarefas.

Tal e como se contempla na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, o pasado 10 de maio suspendíanse os permisos de queima diante das previsións de vento moderado do nordés.

Solicitudes
A partir de hoxe poderanse realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas de restos agrícolas e forestais a través do teléfono 012, do centro de atención aos cidadáns da Xunta de Galicia e da Oficina Agraria Virtual (OAV), de acordo co establecido no artigo 34 da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais. Ligazón: Trámite de comunicación de queimas por internet.

Deste xeito, os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas nos períodos habilitados para facelo, poderán cumprir coa esixencia de comunicación previa, así coma solicitar a autorización preceptiva en caso de queima de restos forestais.

A queima non se iniciará antes de saír o sol e quedará totalmente extinguida dúas horas antes do momento da súa posta. Previamente ao seu inicio, farase unha devasa mediante a eliminación manual ou mecánica da totalidade do material combustible nunha franxa de polo menos cinco metros de largo, rodeando o perímetro que se vai queimar.

Cabe recordar que non se abandonará a vixilancia da zona queimada, ata que o lume estea totalmente apagado e transcorresen dúas horas sen que se observen lapas ou brasas.

No caso de que as condicións meteorolóxicas se volvan adversas para a realización destas tarefas, os permisos de queima quedan automaticamente anulados.

No hay comentarios: