Por desgracia as agresións contra o noso Patrimonio por parte das institucións públicas, privadas, como as comunidades de montes, ou por gamberrismo, son demasiado habituais. No seu día aquí daba conta dalgunhas, entre elas, unha a carón da Arca do Barbanza.
Como dicía Anxos este sábado na charla que dou no Centro de Interpretación do Castro de Baroña, a ninguén se lle ocorrería facer un parque infantil a carón dunha sepultura, sen embargo a Deputación da Coruña si o fixo xunto ao Dolmen de Axeitos.
Como dicía Anxos este sábado na charla que dou no Centro de Interpretación do Castro de Baroña, a ninguén se lle ocorrería facer un parque infantil a carón dunha sepultura, sen embargo a Deputación da Coruña si o fixo xunto ao Dolmen de Axeitos.
La Voz de Galicia: Denuncian a destrución dun petróglifo para facer un cortalumes
Os membros da asociación cultural Alto Támega acaban de denunciar a destrución dun petróglifo achado recentemente no pobo de Navallo na parroquia de San Pedro de Castro de Laza, por parte dun vehículo buldócer que construía un cortalumes na zona. Aseguran desde a asociación que tamén afectou a unha mina de ouro romana no límite entre as parroquias de Laza e Castro. Neste último caso destacan que foi removida a terra de varias canles de condución de auga e parte dela quedou soterrada; aínda que a peor parte correspondeu ao petróglifo de Penedo das Grallas. Segundo indica a arqueóloga Nieves Amado o petróglifo tiña unha lenda que dicía que o cabalo de Santiago saltou desde aquí ata o Penedo da Gándara Vella. Amado explica que se trata dunha zona moi rica en petróglifos sobre lousa, algo pouco común en Galicia, moi preto da estación de arte rupestre das Pisadiñas de Laza. A asociación cultural Alto Támega, que denunciou o caso ante Patrimonio da Xunta, pide que se coide de forma especial esta zona e cren que os traballos dos cortalumes foron realizados pola comunidade de montes, que seguramente descoñecía a existencia deste petróglifo non catalogado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario