La Región: Cultura prohibe plantación de eucaliptos nun castro por denuncia de Adega
O servizo de Patrimonio da Consellería de Cultura tomou a decisión de "non autorizar novas plantacións de eucalipto" nas parcelas que ocupa o Castro das Engrobias, no municipio lucense de Foz, por mor dunha denuncia presentada pola organización ecoloxista Adega e a asociación MariñaPatrimonio.
Nun comunicado, ambos os colectivos informaron de que a denuncia foi formulada no mes de outubro, ao comprobar que se efectuaron diversas talas de eucaliptos na zona castro e de que a repoboación do monte podería destruír ese xacemento arqueolóxico 'protexido pola lei".
Como resposta a esa denuncia, aclararon, a Consellería de Cultura informou aos denunciantes de que as talas efectuadas nesa zona eran "ilegais", por "non contar coa preceptiva autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural", e comunicoulles que non autorizará "novas plantacións de eucalipto".
Ambas organizacións subliñaron que esa resolución supón "unha boa noticia para garantir que a industria do eucalipto non destrúa ese ben patrimonial", dado que "na actualidade" ese negocio é "o maior inimigo do noso patrimonio arqueolóxico" e é responsable de "decenas de agresións a diferentes tipos de xacementos".
Adega e MariñaPatrimonio lembran que "a inmensa maioría desas agresións non se chegan a denunciar nin a coñecer, porque é moi difícil saber o que sucede no monte".
Galería de imaxes: Castros - Engrobias (San Martiño-Foz-Lugo).

2 comentarios:
Home, non hai que irse moi lonxe. Aí ao pé de Noia temos o castro de Taramancos, arrasado para facer un viaduto que vai quedar "chulísimo" enriba da ría. Xa o mal feito, o do viaduto, non podían polo menos conservar o castro? Estamos gobernados por malfeitores, Paco.
Si, por desgraza entre nós temos mil e un exemplos. Xunto con ese, outros dous xa sufriron antes a "ira" dos nosos políticos: o de San Loís e o da Enxa.
Mais se tiñamos dúbidas que uns fosen mellores que outros, despexaranolas todas: Agresións_ao_Patrimonio
"Rara Avis" é o que acontece co Castro de Foloña, en Nebra. Aquí polo menos Medio Rural mollouse máis e prohibe repoboar a carón do seu perímetro, porque intentos xa os houbo. Mesmo cheguei a escoitar criticas por esta prohibición.
Publicar un comentario