Amosando publicacións coa etiqueta ADEGA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ADEGA. Amosar todas as publicacións

mércores, 9 de xaneiro de 2013

Que pouco valor lle dan algúns ao noso Patrimonio


La Región: Cultura prohibe plantación de eucaliptos nun castro por denuncia de Adega

O servizo de Patrimonio da Consellería de Cultura tomou a decisión de "non autorizar novas plantacións de eucalipto" nas parcelas que ocupa o Castro das Engrobias, no municipio lucense de Foz, por mor dunha denuncia presentada pola organización ecoloxista Adega e a asociación MariñaPatrimonio.

Nun comunicado, ambos os colectivos informaron de que a denuncia foi formulada no mes de outubro, ao comprobar que se efectuaron diversas talas de eucaliptos na zona castro e de que a repoboación do monte podería destruír ese xacemento arqueolóxico 'protexido pola lei".

Como resposta a esa denuncia, aclararon, a Consellería de Cultura informou aos denunciantes de que as talas efectuadas nesa zona eran "ilegais", por "non contar coa preceptiva autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural", e comunicoulles que non autorizará "novas plantacións de eucalipto".

Ambas organizacións subliñaron que esa resolución supón "unha boa noticia para garantir que a industria do eucalipto non destrúa ese ben patrimonial", dado que "na actualidade" ese negocio é "o maior inimigo do noso patrimonio arqueolóxico" e é responsable de "decenas de agresións a diferentes tipos de xacementos".

Adega e MariñaPatrimonio lembran que "a inmensa maioría desas agresións non se chegan a denunciar nin a coñecer, porque é moi difícil saber o que sucede no monte".

Galería de imaxes: Castros - Engrobias (San Martiño-Foz-Lugo).

mércores, 24 de outubro de 2012

II Feira na Eira da Xoana



Domingo, 28 de Outubro de 2012
11:00

PROGRAMA
Dende as 11:00 e durante todo o día
Haberá postos de artesanía (cerámica, cestería, etc) e produtos da terra (queixos, mel, embutidos, hortalizas, etc), con algunha demostración sorpresa dos nosos
artesáns.
Teremos xantar para gozar do día na Eira da Xoana (callos, polbo e outras viandas).
Obradoiros e música
11:00 Obradoiro de Cestería
12:00 Charla “Alimentación saudable”
13:00 Xantar amenizado con Música
16:00 Xogos populares, Obradoiro de chapas, e máis música
18:00 Sorteo dunha cesta entre os consumidores da Feira
Mesa redonda
17:00 Os produtos apícolas de Galicia
- AGA (Asociación Galega de Apicultura)
- Abella Lupa SAT

Entrar na seguinte ligazón para chegar: Eira da Xoana

domingo, 3 de xuño de 2012

Perigo: castro á vista

Muíño de man esnaquizado no Castro Castelo de Celeiro
Se onte grazas á excelente labor que desenrola a web da Organización Galega de comunidades de Montes, tiraba das hemerotecas para criticala desidia das administracións en canto a protección e conservación do noso patrimonio, hoxe toca rescatar novas denuncias. Neste caso foron nin máis nin menos que tres castros os arrasados pola incompetencia destes políticos, que mellor estarían picando pedra para facer "murrillo" que pegándose a gran vida á conta dos nosos impostos. Xa o dicía Roberto Vilar no seu programa Land Rober: "a cabeza non -lles- para".

Artigo critico de Manuel Gago: Terra sobre o castro de Sumoas

Sinceramente coido que está máis que demostrado que os políticos teñen unha especie de alerxia contra os castros e todo o que lles resuma antigüidade, se non, non se entende a súa forma de actuar. Un xa perdeu a lista dos desaparecidos tan só na Democracia, o  último tiñámolo ben preto: en Taramancos

Igual que aconteceu co monumento aos mártires de Sobredo, levantado por Camilo Nogueira, pai, e destruído polos fascistas durante a Guerra Civil, os veciños vamos ter que facer coma os de Sobredo, que decidiran agochar nos seus muros os restos do monumento esnaquizado, grazas ao cal anos despois se puido recompoñer a medias. Digo isto, por se algún día xurde unha nova saiba de políticos máis preocupada polo patrimonio de todos. Da actual, no goberno ou na oposición, non fai falla máis que miralas hemerotecas.
A organización ecoloxista Adega e o colectivo MariñaPatrimonio denunciaron ante o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil e o departamento de Patrimonio da Xunta de Galicia as agresións que supostamente sufriron outros tres castros na comarca lucense da Mariña.

Esta denuncia prodúcese apenas uns días despois de que os ecoloxistas avisasen á Xunta e á Garda Civil da vertedura de "toneladas" de terra no Castro de Sumoas, no municipio lucense de Xove, un suceso que motivou a apertura dunha investigación por parte de Patrimonio, dado que o xacemento foi inventariado.

Segundo ambas as organizacións, nesta ocasión os castros danados son os de Castelo de Celeiro, en Viveiro, Coto da Vea e Pereiraboa, ambos no municipio de Xove. Ambos colectivos comprobaron que nos citados xacementos arqueolóxicos fixéronse movementos de terra con escavadoras mecánicas para abrir novos camiños que facilitasen a plantación de eucaliptos nunha leira que anteriormente fora talada.

De feito, nun comunicado, subliñan que as escavadoras chegaron a cortar os parapetos de defensa dun dos castros e mesmo deixaron á vista restos arqueolóxicos de cerámica. Por iso, Adega e MariñaPatrimonio volveron queixarse de que nin a Xunta de Galicia nin os respectivos concellos sexan capaces de velar polo patrimonio arqueolóxico.

De feito, criticaron que sexa precisamente a Xunta, que ten a obrigación de protexer o patrimonio arqueolóxico galego, a que autoriza "as talas con maquinaria pesada en xacementos arqueolóxicos", con "o impacto que iso supón para os bens inventariados".

Fonte orixinal: La Región

luns, 14 de maio de 2012

Convocatoria da manifestación contra a Lei de Montes

http://orgaccmm.blogaliza.org

A ORGCCMM convoca para o día 9 de xuño en Santiago de Compostela unha manifestación en contra da Lei de Montes que o goberno está a tramitar.

Mobilizarémonos para reclamar unha lei:

Que recoñeza os montes veciñais como titularidade comunitaria.

Que protexa e non usurpe os montes veciñais.

Que permita un monte veciñal multifuncional e sustentable.

Criterios explicativos dos motivos polos que a ORGCCMM oponse ao proxecto de Lei de montes do PP, podes descargalos AQUI

Materiais para descargar e distribuír

Cartaz sinxelo

Cartaz con criterios

Tarxeta formato autocolante

Apoia a ALIANZA POR UN MONTE VIVO: ORGCCMM, ADEGA, FRUGA, CIG

martes, 17 de abril de 2012

Xornadas Medio Rural Vivo

Por un medio rural galego vivo.
20-21 de abril en Poio e Pontevedra.

Organizan ORGACCMM, FRUGA, CIG e ADEGA.

Descarga a información aquí