A polémica intervención levou a cabo nunha área protexida polo seu valor arqueolóxico Cristian Álvarez |
No é a miña intención ser avogado do diaño, mais cando descobres que, os primeiros en arrasar co noso Patrimonio, son os gobernos de quenda e as grandes empresas «lease Eléctricas, Telefónica, etc», quédame a cara de pámpano. Tema a parte é que, un goberno arrase a propiedade dun cidadán chantándolle unha pista polo medio e se queden tan panchos. Cometendo a inxustiza de non desculparse ou compensalo dalgunha maneira, polo asoballamento, roubo e cacicada que cometeron na súa contra. A esa xente débolles lembrar que por esa propiedade ademais de pagala Contribución, a maiores, por ser herdada de seus pais tivo que abonar a correspondente transmisión patrimonial. Dado que nin tan sequera o presidente da Comunidade, o máximo responsable, chamou a un perito para deslindar a pista do que nos deixou de propiedade, agora pagamos a contribución polo roubado, que non expropiado.
Castro de Taramancos
Defeitas patrimoniais que cometeron no Barbanza gobernos de tódalas cores
Castro de Taramancos
Defeitas patrimoniais que cometeron no Barbanza gobernos de tódalas cores
La Voz de Galicia: Catro detidos por unha tala que danou mámoas en Redondela
O presidente comunal de Cabeiro e o secretario, entre os imputados
O Seprona de Vigo detivo onte ao presidente da comunidade de montes de Cabeiro, Manuel Álvarez López, ao secretario desta entidade, ao responsable dunha empresa madeireira e a un operario polos danos causados en dúas mámoas do parque arqueolóxico do Monte Penide, en San Vicente de Trasmañó. Os axentes imputan aos tres primeiros un presunto delito contra o patrimonio cultural de Galicia e, tras tomarlles declaración, quedaron en liberdade con cargos á espera de declarar nos xulgados. As detencións levárona a cabo despois de que os investigadores acreditasen que levaron a cabo unha tala de árbores utilizando maquinaria pesada, sen contar con permiso da Xunta nin salvagardar medidas protectoras para protexer os restos catalogados. Esta actuación provocou danos nas mámoas numero 23 e 32 do catálogo da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. A denuncia foi presentada polos responsables da comunidade de montes de Trasmañó. A comunidade de montes denunciada negou ter ocasionado danos no conxunto arqueolóxico.
Non é a primeira vez
No hay comentarios:
Publicar un comentario