viernes, 31 de enero de 2014

Síntoo por Isabel.... cáeme moi ben, máis xa sei por quen non votar en maio


Como vou a votar por un partido no que presenta a un candidato que non tivo a decencia de contestarlle a un militante pola cacicada que nos fixo. Si, xa sei que non lle chega as solas dunha das familias máis coñecidas de Ourense, salvo que eses presuntamente dedícanse a enchufar aos seus e este «a expropiarnos ilegalmente, aínda que máis que unha expropiación considéroo un roubo» parte desta propiedade por orden do seu curmán.
La Voz de Galicia: A actriz Isabel Risco e o histórico Suárez Canal, na lista do BNG para as europeas

A executiva nacional do BNG propuxo unha candidatura para as eleccións europeas do próximo día 25 de maio que aposta pola continuidade de Ana Miranda á fronte da formación nacionalista. Entre os primeiros postos a lista aparecen tan só dous nomes ourensáns. No número sete sitúase a actriz Isabel Risco, nacida na Coruña, pero con parte da súa vida en Ourense. Ademais, no décimo sexto lugar aparece Alfredo Suárez Canal, un histórico da UPG que abandonou a primeira liña política nas autonómicas do ano 2012 despois dunha ampla actividade política que inclúe a súa etapa como conselleiro de Medio Rural durante o bipartito.

A candidatura proposta pola executiva dos nacionalistas deberá ser referendada polas asembleas comarcais do BNG como paso previo á súa aprobación definitiva nun Consello Nacional que terá lugar o próximo día 8 de febreiro. O Bloque incluíu entre os candidatos a membros de organizacións e colectivos sociais.

Motívame novamente a sacar á luz isto, as afirmacións deste paisano no Facebook dun contacto. Ollase claramente que el non sufriu as súas cacicadas, se non igual tiña unha opinión ben distinta. Solo coincido con el en que Isabel é unha gran actriz e ademais encántame o seu «galego».
Xosè Xoan Garmendia A ùltima vez que escoitei a Isabel en Compostela tiven que loitar para non botar bagoas. Tanto ela como Suarez Canal sobralles dignidade, razons e corazòn a raudales para defender aos galeg@s. Boa noticia para Galiza.

Xosè Xoan Garmendia Suarez Canal e un traballador dos que marcan època. Penso que non hai moit@s polìticos tan poco apegados ao poder...mais penso que si te escoita acabarà dandote unha reprimenda. Na sua època en Medio Rural eu non sei como dou resistido.... Estar e facelo ben. Como voto en falla aquela època. En medio da epidemia de lapas por toda Galiza resisteu a ofensiva e supo deixar unha lembranza (èl e o seu equipo) que non vai ser facil superar. A xente boa e xenerosa deixa marcas moi profundas.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Pelotas hainos en tódolos eidos e na política moito máis, sen que debamos esquecernos dos trepas. Polo tipo de acentuación está claro que non vive por aquí polo que non viviu o que vivimos nós no verán do 2006.