jueves, 29 de abril de 2010

Outra pequena desfeita

Comentaban as "malas linguas" cando estaba de secretario, que as nosas reunións eran de todo menos reunións. Outras tampouco entendían como no equipo directivo podía haber tantas discrepancias. Xa o di o refrán o falar non ten cancelas.

Os directivos non son máis que un comuneiro e como tal, cada un pode e debe defendela comunidade como mellor crea que a defende. O que non é de de recibo era que os asuntos a debater tanto na xunta reitora como na asemblea xeral, non se sometesen a votación, de aí que non comulgase con rodas de muíño. Eu polo menos falaba nas asembleas, outros prefiren debater nas tabernas ou en "corros" que non nos levan a ningures.

Ben isto a conto, porque parece ser que as reunións de novo non son o tranquilas que pretenden facernos ver. O malo é que os "protagonistas ou testemuñas" non transmiten aos comuneiros o que pasa e o que o fai, pide que por favor que non saia o seu nome.

Tamén comentan que algún "ilustrado" pensou que sería bo expolas actas nos bares. Vaite, cando eu o fixen chamoulles a atención e incluso algún comuneiro presuntamente correu á casa dun directivo para comentarlle a miña fazaña e vaia "bronca" me caeu. Polo visto xa todos esqueceran que dende a primeira xa o viña facendo, o que pasaba era que antes facíao no taboleiro que tiñamos no local alugado e que unha vez que o propietario o vendeu, só me quedaban os dos bares e o da Igrexa.

Por certo, aquel taboleiro era meu, e aínda que falaramos de comprar varios para colocar nas aldeas e no local, nunca se compraron., porque esta visto que canto menos se teña informada á xente, máis se pode un facelo "tolo".

Unha vez que se construíu o local é certo que o compraron, pero resulta que ao igual que pasou coa vidreira, alguén esnafrouno, aínda que a dicir verdade para o uso que lle dan ben puideron aforralos cartos que custou.

Se aumentan a imaxe poderán comprobar que esa relación de gastos corresponde a xullo-outubro de 2009, e a pesar de que na ultima asemblea celebrada o 29 de novembro de 2009, os comuneiros e comuneiras aprobamos por "abrumadora maioría" que expuxesen as actas, seguimos a espera. Polo tanto é falso que queiran expolas agora por iniciativa propia, se algún día o fan, será porque os comuneiros e comuneiras así llo demanden. Só eu fun quen de expolas sen esa esixencia previa e tela documentación ao dispor de todos, como mínimo 10 días antes da celebración das asembleas como así esixe a vixente Lei de Montes.

Por último pediría que se alguén ten algo contra a comunidade, que use as asembleas para amosalas súas queixas e non se "vingue" do patrimonio de todos e que tanto nos custou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.