lunes, 27 de septiembre de 2010

Seguimos as andadas?

Supoño que moitos comuneiros hoxe quedarían agradecidos porque levaron para si unha parte do que xa era seu, pero outros que pasamos destes agasallos?, asáltannos moitas dúbidas sobre o que verdadeiramente pasou co resto da terra e barro que se sacou da escavación. É un secreto a voces que presuntamente saíron camións de terra cara a Portosín e de barro, para as beirarrúas de Queiruga. Digo presuntamente, porque aínda que fotografara iso, legalmente non podo aseguralo, como tampouco que a empresa que efectúa os traballos lle manifestase a algúns comuneiros que a terra era súa (sic).

Como acontece demasiado acotío, os comuneiros para esta xunta reitora somos un cero a esquerda, xa que neste caso tampouco pasou polo trámite asembleario para a súa aprobación, o contrato que legalmente tivo que asinar o representante da comunidade, neste caso o presidente, co representante legal da empresa que efectúa os traballos, tal e como contemplan os Estatutos. Deste modo saberiamos que condicións se trataron e o que é máis importante, o custo real das obras antes de comezalas, porque acontece que xa é demasiado anormal que sobre a marcha se aumenten os gastos.
Artigo 8º.- Corresponde a Asemblea Xeral:
- Aprobar o outorgamento de cesións, arrendamentos, plans de aproveitamento e toda clase de contratos con terceiros, así como a distribución de aproveitamentos, beneficios e cargas e a cantidade que dos rendementos económicos da comunidade debe reservarse para inversións en melloras e servizos do monte, que en ningún caso poderá ser inferior ao 15% de aqueles en virtude do disposto no Art. 23 da Lei 13/1989.
A estas horas non sei se houbo terra para todos ou solos para os primeiros, pero coido que antes de facer este reparto, e moito antes, se foi certo que se levou terra e barro para fora da parroquia, que a comunidade ten unha pequena canteira para rehabilitar na Cabana. Zona na que por certo, tal e como se pode ver nas fotos, non sei se con autorización ou non, estase depositando todo tipo de materiais ao libre albedrío, e alguén ten que ver pasar eses tractores ou camións cargados.

Dicir a todo isto, que agardo que non sexa verdade que algún directivo ou todos, extralimitándose nas súas funcións para o cargo, fosen quen de "agasallar" un ben común sen que fose aprobado previamente pola asemblea xeral . O campo das festas é de todos, non do equipo de goberno de quenda, e non esquezamos que para poder telo, saíu de tódolos que aportamos terreos para a parcelaria.
Campo das festas

1 comentario:

  1. Por si no lo sabias, algún que otro vocal mucho antes de poner el papel ya llevó material para su propiedad.
    En Nebra el que no corre vuela y ahora poco a poco se entiende su cómplice silencio ante lo que esta haciendo el presidente y sus compañeros.
    Nebra siempre fue tierra de caciques y ahora, los tenemos de nuevo cuño.

    ResponderEliminar

Para poder comentar só pido sentido e respecto.