viernes, 6 de diciembre de 2013

Discrepo: O monte arde porque dálle beneficios a alguén

La Opinión: Alberte Piñeiro: ´O monte non arde se dá beneficios aos seus donos´

"Propomos que os propietarios dos terreos se asocien e cooperen entre eles"

"Os incendios forestais son un mal endémico en Galicia e non é fácil arranxalo dun ano para outro", asegura Alberte Piñeiro. A pesar deste panorama, presenta, xunto a bolseiros da Fundación Barrié, unha decena de propostas para loitar contra os lumes nos bosques

Alberte Piñeiro, xefe do Distrito Forestal IV-Barbanza, presentou en Ourense o traballo realizado de forma altruísta por un grupo de bolseiros da Fundación Barrié e o Boston Consulting Group sobre a prevención de incendios en Galicia. Baixo o título O próximo verán tamén arderá Galicia, Piñeiro exporá dez formas para previr os incendios na comunidade.

-A primeira pregunta é moi obvia. O próximo verán tamén arderá Galicia?
-O título trata de captar a atención. Evidentemente, os incendios forestais son un mal endémico en Galicia e non é fácil arranxalo dun ano para outro. O obxectivo do traballo é presentar medidas para tratar, a medio e longo prazo, que os incendios e a superficie queimada sexan os mínimos posibles.

-Como xorde o proxecto?
-Nun acto de entrega de credenciais dos bolseiros da Fundación Barrié en 2012, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pediunos que se podiamos preparar un informe sobre o sector forestal en Galicia porque el cre que é un dos sectores que deberían tirar da economía galega para saír da crise. Case 40 bolseiros traballaron durante un ano de forma altruísta no proxecto.

-Ofrecen dez ideas para previr os incendios. Sei que é complicado, pero pode resumilas?
-En total son dez medidas, pero hai tres que nós cremos que son imprescindibles. As dúas primeiras teñen que ver coa cooperación entre os donos dos terreos. En Galicia temos o problema do minifundio que compromete a viabilidade das explotacións forestais. A solución que propomos é que se asocien e cooperen entre eles, ben a través de asociacións sen ánimo de lucro, de cooperativas, sociedades mercantís ou de calquera outro tipo de sociedades. O obxectivo é ampliar a magnitude destas parcelas para pasar de minifundios a agrupacións de propietarios. Se a media en Galicia é de dúas hectáreas por propietario, pasar, por exemplo, a 10 ou 15 por unidade de xestión.

-A segunda?
-Apostar pola certificación forestal. En calquera botella de Coca Cola nunha esquina hai un pequeno selo que pon FSC. É un selo internacional que certifica que a madeira da que procede o papel desa etiqueta foi producida en bosques que se xestionaron de forma sustentable.

-E a terceira?
-Outra medida imprescindible é promover un I+D+I forestal eficiente. Agora mesmo a investigación forestal en Galicia está espallada. Ten que haber unhas directrices claras, nas que participen a empresa privada, a Administración, os investigadores, as universidades e os propietarios forestais. E que se realice un plan de investigación a medio prazo, por exemplo a dez anos, e que todos rememos na mesma dirección.

-Cales son as conclusións ás que chegaron tras realizar o traballo?
-O resumo destas medidas é que se o monte é economicamente viable e produce beneficios para os seus propietarios, o monte non arde. Temos exemplos tanto a nivel internacional como en Galicia. Os montes que teñen un interese económico, nos que os propietarios se preocupan por el, teñen menos probabilidades de arder.

-As ideas que promoven non parecen moi custosas.
-Non. Trátase de coordinar. En Galicia temos un elenco de investigadores forestais moi recoñecido a nivel mundial, e institutos moi recoñecidos, pero cada un fai a guerra polo seu lado. O que se necesita é coordinación

-Sinceramente, cre que estas ideas se van a levar a cabo?
-Creo que si. Son optimista. Evidentemente, a problemática non se vai a arranxar da noite para a mañá, pero detrás deste documento hai moito traballo e moita xente. En todos os foros nos que estamos a participar recoñécese o seu valor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.