Unha vez máis traio á miña bitácora a toma dun acordo asembleario exemplar onde os comuneiros de A Mezquita adxudican montes a gandeiros.
Na noticia vemos como estes comuneiros adxudicaron a unha empresa gandeira 20 hectáreas de monte por 4.000 euros ao ano e por outro lado, a súa presidente explica que:
Posteriormente fixéronse noutra zona tres peches máis pequenos sen que fosen aprobados pola asemblea xeral e que saiba, fixeron uso deles como mínimo dúas persoas non comunitarias e unha comunitaria. Dado que esas cesións tampouco foron aprobadas pola asemblea xeral, descoñezo en que termos se fixeron.
Como os peches non tiña auga, os directivos abasteceron aos animais co coche da comunidade ata que posteriormente, conectaron dende o río unha mangueira de máis de 200 metros.
Resumindo, salvo que alguén manifeste o contrario, a parte da subvención que recibimos para os peches, a comunidade correu co resto de gastos: coche a disposición desa xente; comprou a mangueira e supoño que alguén tivo que colocala, ben altruistamente ou mediante pago.
E que recibimos en troques? nada. Isto si que é unha xestión eficaz.

"...as 20 hectáreas foron acondicionadas y repoboadas dentro dun proxecto desenvolvido o ano pasado. Agora, para darlle utilidade, que poida ser explotado, decidimos adxudicalo".Algo parecido a iso era o que planeaba eu dende a directiva, en dúas zonas, pero tralo desastre do 2006 truncouse todo.
Posteriormente fixéronse noutra zona tres peches máis pequenos sen que fosen aprobados pola asemblea xeral e que saiba, fixeron uso deles como mínimo dúas persoas non comunitarias e unha comunitaria. Dado que esas cesións tampouco foron aprobadas pola asemblea xeral, descoñezo en que termos se fixeron.
Como os peches non tiña auga, os directivos abasteceron aos animais co coche da comunidade ata que posteriormente, conectaron dende o río unha mangueira de máis de 200 metros.
Resumindo, salvo que alguén manifeste o contrario, a parte da subvención que recibimos para os peches, a comunidade correu co resto de gastos: coche a disposición desa xente; comprou a mangueira e supoño que alguén tivo que colocala, ben altruistamente ou mediante pago.
E que recibimos en troques? nada. Isto si que é unha xestión eficaz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario