domingo, 31 de enero de 2010

Sabia natureza

Sabia natureza
Dende logo Galiza é unha terra privilexiada onde só a nai natureza é capaz de superar tódolos obstáculos que o home pon no seu camiño, tal e como acontece case sempre, e moi especialmente nos nosos montes no nefasto verán do 2006.

Lembro coma se fose hoxe o rastro o lume ía deixando de cinza e fume no seu incansable camiñar e como subía polos eucaliptos, para desprazarse polas súas copas. Ollando agora ese monte, non parece o mesmo daquelas noites de insomnio e loita titánica contra ese elemento tan desbastador.

As fotos do álbum que acompaña a entrada, foron tomadas dende Iroite ata o Rego da Agulla. Nelas pódese ver como pouco a pouco rexenerouse na súa maioría de xeito natural, aínda que incomprensiblemente nalgunhas zonas a directiva plantou igual, co que entendo que foi un gasto innecesario e inútil.

Tamén se pode contemplalos traballos de roza que presumiblemente efectuou manualmente a cuadrilla da comunidade, e mecánicos, por parte dalgunhas empresas.

1 comentario:

Unknown dijo...

Tedes que montar un grupo de reforestación e atraer á "beautiful people" (xente jopa desimos aquí en Ribeira): http://www.montegalego.org
Estes de Remonte, de Padrón con finca en Dodro, conseguírono con Adolfo Domínguez. Seguro que se liades á muller máis rica de España (que ten moitos negocios por aquí) repoboades todo nun tris!