TÍTULO III
DA ORGANIZACIÓN DAS COMUNIDADES4. A convocatoria de Asemblea xeral farase cun mínimo de dez días de antelación, mediante notificación escrita a todos os comuneiros e coa orde do día dos asuntos a tratar, e estará exposta durante o mesmo prazo nos taboleiros de anuncios do Concello, así como nos lugares de costume da entidade onde radique a comunidade.
Por enésima vez e a pesar das veces que se-lle informou cal é a forma correcta de facelo, o presidente volve a incumprila vixente Lei de Montes e os Estatutos da Comunidade, ao entregarnos outra convocatoria fora de prazo. A Lei é ben clara, pero o único sitio onde a acata é no Concello. ¿Por qué entón esta falta de respecto a quen di representar?.
Dubido por onde comezar, pero tereino que facer polo principio. Isto máis que unha convocatoria de asemblea ordinaria, polos puntos a tratar parece máis ben unha extraordinaria á que-lle engadiu a típica nota de parvulario ás que xa nos ten acostumado, pero segue sen elaborar e presentar un presuposto anual, para poder te-las mans libres de como e onde gastalos nosos fondos. Isto significa que presuntamente 20 comuneiros/as «só catro foron reelixidos legalmente», manexan eses fondos e os restantes «sobre 250» só somos meras marionetas, cando é sabido que as asembleas naceron para facilitar a participación democrática do pobo nas decisións que podían afectarlles. Que algún partido suprimise as súas, non quere dicir que nas comunidades de montes de momento isto se poida facer.
Insiste en actualizalo censo a mediados de maio, cando sabe perfectamente que o prazo para entregalo na Consellería rematou o 30 de abril, ou iso foi o que nos dixeron no seu día. A Lei en canto a súa actualización tamén é clara: «...libro do rexistro de comuneiros, que se actualizará no mes de xaneiro de cada ano».
Supoño que se alguén intentase facer algunha pregunta, as respostas serán incongruentes como as do ano pasado, e xustificándose dicindo que xa o remitiran. Si, pero o que aprobamos o ano pasado.
A nota de parvulario
Critica por primeira vez á Consellería, todo o contrario do que fixo antes, que incluso non comunicou que nos retiraban unha subvención tralo desastre de 2006 e por último, sementa dúbidas entre os comuneiros e comuneiras, criticándonos sen dar nomes. Seremos moitos ou só vai por min?.
Non se pode estar á misa e repicalas campás
Acabo de "chuparme" toda información relativa á orde e non atopo ningún dato que faga mención ao que crítica o presidente. Pola contra si vin que o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación e nós aínda vamos debater se nos acollemos ou non, o dezaseis... co prazo rematado!!!
Polo tanto, ou presenta a documentación antes do domingo ou non valerá de nada que aprobemos o punto. Pero hai máis, para solicitala tería que axuntar: e) Certificado tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan o solicitante a pedir subvencións á Consellería do Medio Rural, para a execución das accións obxecto da solicitude.
Sen pasar do mesmo parágrafo e supoñendo que tivese razón. Estaría chamándonos á insurrección contra Consellería?. Agardo que a xente non caia nese xogo.
«Trataremos outros moitos asuntos, importantes tamén». Se tan importantes son, o normal é que os engada nun punto, tratados fora da orde do día son irrelevantes, xa que legalmente non se pode aprobar nada, aínda que coñecendo ben, de que me estraño!!!.
Que bonito queda no papel: «invitar a todo o mundo a que fale, discuta e critique». Para iso ten que haber un presidente que poña orde e no no hai. É unha mágoa que ás asembleas non poidan acudir periodistas ou as televisións, se aos plenos do Concello os catalogan como circos, aquí non atoparían cualificativos e seguro que teriamos máis audiencia que calquera "Talk Show".
«Non beneficia á parroquia quen di só que esta directiva non serve». Persoalmente non me sinto identificado, pero si por un casual tamén estivese engadido ao paquete, estou farto "enseñar al que no sabe" e logo facer o que-lle pete. Por outra parte, coma comuneiro teño todo dereito a expresarme libremente neste blogue, sempre cando non-lle falte ao respecto a ningún reitor, xa que nas asembleas ese dereito se me restrinxe e vulnera.

«A xulgar polo texto que publicou, parece que a Consellería busca que as comunidades Veciñais nos poñamos fóra, e subcontratemos á empresas as labouras das brigadas parroquiais: nós cremos que a veciñanza debe ser quen traballe no monte comunal, máis a asemblea determinará o que considere mellor».Supoño que ese «texto» ao que se refire é o DOGA publicado o 12 de abril, do que me fixen eco apupando a boa nova da Consellería, pola súa rebaixa nas Has. para poder acollerse á subvención. Sigo varias blogues e a páxina da ORGACCMM, e ninguén menciona nada diso. Só nunha, tal vez por descoñecemento, aludía con certa retranca, que a Consellería confundía Galicia con Castela. Aínda que un par de días despois modificou a información e suprimiu ese comentario.
Acabo de "chuparme" toda información relativa á orde e non atopo ningún dato que faga mención ao que crítica o presidente. Pola contra si vin que o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación e nós aínda vamos debater se nos acollemos ou non, o dezaseis... co prazo rematado!!!
Polo tanto, ou presenta a documentación antes do domingo ou non valerá de nada que aprobemos o punto. Pero hai máis, para solicitala tería que axuntar: e) Certificado tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan o solicitante a pedir subvencións á Consellería do Medio Rural, para a execución das accións obxecto da solicitude.
Sen pasar do mesmo parágrafo e supoñendo que tivese razón. Estaría chamándonos á insurrección contra Consellería?. Agardo que a xente non caia nese xogo.
«Trataremos outros moitos asuntos, importantes tamén». Se tan importantes son, o normal é que os engada nun punto, tratados fora da orde do día son irrelevantes, xa que legalmente non se pode aprobar nada, aínda que coñecendo ben, de que me estraño!!!.
Que bonito queda no papel: «invitar a todo o mundo a que fale, discuta e critique». Para iso ten que haber un presidente que poña orde e no no hai. É unha mágoa que ás asembleas non poidan acudir periodistas ou as televisións, se aos plenos do Concello os catalogan como circos, aquí non atoparían cualificativos e seguro que teriamos máis audiencia que calquera "Talk Show".
«Non beneficia á parroquia quen di só que esta directiva non serve». Persoalmente non me sinto identificado, pero si por un casual tamén estivese engadido ao paquete, estou farto "enseñar al que no sabe" e logo facer o que-lle pete. Por outra parte, coma comuneiro teño todo dereito a expresarme libremente neste blogue, sempre cando non-lle falte ao respecto a ningún reitor, xa que nas asembleas ese dereito se me restrinxe e vulnera.
No hay comentarios:
Publicar un comentario