martes, 4 de octubre de 2011

Interesa protexelo rural?

Estes días estamos sendo testemuñas de como o lume se leva por diante centos ou quizais miles de Has. de bosques e o que foi peor, a perda irrecuperable dunha vida humana. O monte más cedo máis tarde, recuperase e como proba esta foto tomada o domingo no monte de Nebra, despois de que o lume o arrasase todo fai cinco anos. Aquí non fixo falla a intervención do home para que os pinos brotasen de novo como por arte de maxia.
É certo que a natureza é sabia, pero as veces o home tampouco está moito pola labor. Como se pode comprobar neste outra foto, ás veces as labores de prevención poden ser moito máis prexudiciais que beneficiosas. Se alguén tirase aquí unha cabicha ou dígamolo claramente, tivese intención de facer dano, isto ardería como a pólvora, moito máis que se estivese todo verde.
Unha cerdeira plantada no ano 2005 e que foi pasto das chamas un ano despois, tenta saír orgullosa no medio dos toxos sen que ninguén lle bote unha man.

Protexer o rural: Cada vez máis datos avalan a idea de que moitas actividades agrícolas tradicionais xogan un papel positivo na conservación da biodiversidade. A gandería de montaña ou a diversidade de hábitats que xera o sistema agrícola tradicional poden ser uns poderosos aliados para defender o noso patrimonio natural. Por razóns que se escapan ao obxectivo deste artigo cústanos entendelo, pero é certo. Non existe tampouco dubida sobre o papel das comunidades rurais na prevención dos incendios. Só hai dous xeitos de previr esta sangría anual, controlar a choiva ou manter a heteroxeneidade dos nosos vales cos seus bosques, setos e prados. Gastámonos diñeiro e esforzo na extinción do lume, pero o que está a ocorrer estes días móstranos que as cousas non van polo bo camiño.

Non quero debuxar un panorama falso do mundo rural galego. Debemos mellorar as explotacións e esixirlles un compromiso ambiental, pero, unha vez feito isto, por que non expornos apoiar economicamente aquelas que manteñen a actividade e xeran beneficios ambientais. Pareceralles unha proposta desatinada en plena crise, pero non o é: moitas empresas gañan diñeiro co lume, gastamos diñeiro en plans absurdos de conservación, etcétera. Custaralles crelo, pero é certo.

Sen dúbida arroxaranme datos de superficie queimada e da porcentaxe de incendios intencionados, pero todo seguirá igual. Só arde aquilo que non valoramos e iso é o que fixemos coa Galicia rural.

No hay comentarios: