lunes, 27 de enero de 2014

Nin nos peores tempos da Ditadura: Os alumnos superan ao mestre?

A este paso a España e a Galicia, non as vai a recoñecer nin a nai que as pariu...
la Voz de Galicia: Debe prohibir a futura lei os paseos de domingo polo monte?

Francisco López, cazador, e Manolo Muñiz, sendeirista, cren que a comunicación entre os colectivos pode mellorar

A caza, o sendeirismo ou a recollida de cogomelos son actividades moi distintas, pero cun nexo irrompible, xa que todas practícanse no monte. Con problemas, os afeccionados ás tres tratan de convivir, pero esa harmonía podería romperse se a futura lei de montes prohibise a sendeiristas e amantes da micoloxía camiñar polo monte os domingos para favorecer aos cazadores. A proposta chegou á mesa do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e a polémica está servida, como destacan os presidentes da Federación Galega de Caza de Lugo, Francisco López, e da Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde, Manolo Muñiz. «Os cazadores somos necesarios porque hoxe a pirámide ecolóxica está rota. Os labregos demandan que cacemos máis. ¡Onde chegarían os corzos e os xabaríns se non cazásemos! A gandería e o medio rural desaparecerían en pouco tempo», razoa o primeiro, cuxa agrupación representa a case 14.000 cazadores -en Galicia hai 57.000-, que portan 6.500 emisoras de comunicación. «Nunha saída que fixemos en decembro por Queizán, no Corgo, sentimos tiros preto e dixemos: "Non podemos meternos na boca do lobo, imos por outro lado". E ese día tivemos que cambiar de ruta varias veces por iso», apunta Muñiz, cuxo colectivo organiza todos os meses polo menos unha ruta de entre 10 e 20 quilómetros por contornas de gran riqueza natural. «Nun día de caza aínda ando 15 ou 20 quilómetros tamén», terza López, que recoñece que sendeirismo e caza deben ser entendidos ademais como «un negocio» polo volume de xente que moven. «Os primeiros beneficiarios son os hostaleiros», di.

Falta información pública

«Cazadores e sendeiristas podemos convivir», comenta López, y afirma que la federación está intentando mellora la formación dos xefes de cuadrilla. «Cos walkie-talkies, avisámonos: "Coidado, que por aquí entran sendeiristas". E nese caso o que facemos é: "Escopeta descargada e ao lombo"».

Os dous coinciden en que non é bo prohibir nada, e que en colectivos que agrupan a miles de persoas sempre hai comportamentos censurables, pero son os menos. «Débese denunciar tanto a quen interrompe unha batida só para molestar, como a quen vai borracho cazar», sentencian.

Manolo Muñiz sostén que falta información pública sobre as zonas en que cazan as cuadrillas, aínda que López aclara que os cazadores teñen que avisar sempre á Garda Civil. «Nese caso, a Garda Civil debería informar para que xente coma nós, por exemplo, puidésemos planificar as rutas. Que anuncien: "Aí hoxe non vaiades, que hai batida". Nós non queremos poñernos en perigo, pero tampouco interromper a batida», sinala.

No hay comentarios: