sábado, 19 de julio de 2014

Nebra, se de esta non espertas, é cousa de pensar en facelas maletas!!!

Levamos ano e medio sen celebrar unha asemblea, sen aprobalo censo e sen presentarnos as contas, e por riba, atopámonos con que o presidente nunha reunión de taberna ás que está tan acostumado cedeu pola súa conta e risco, e sen darnos contas a día de hoxe, sobre unhas 80 Has., a un grupo de gandeiros aos que o xefe do Distrito, tendo coñecemento desta cacicada deulle o material (barras de ferro e malla) para facelo peche nesa zona, metendo no medio terreos doutra comunidade.

Xa con outra xunta reitora pasou algo parecido, que cedeu o monte de Cadeiras sen ser aprobado pola Asemblea Xeral a unha empresa para extraer pedra para o peirao de Portosín, e só despois de que uns comuneiros comezasen a removelo tema, en troques a citada empresa abriunos a pista da Igrexa á Perdigueira, cando en realidade iso era unha obriga do Concello. Cada vez quedamos menos que lembramos como rematou aquilo e os cartos que cobraron uns, a pesar de que xamais obtivesen unha sentenza condenatoria contra aquela xente. Para cobrar chegoulles coa súa palabra.

Pola contra no meu caso, obtendo unha sentenza condenatoria a favor da comunidade como foi a recuperación da leira onde construímos o local. A día de hoxe o presidente segue negándome eses cartos, algo que tamén fixeron os que nos precederon porque non era da súa corda, e este «elemento» trabucouse comigo pensando que lle ia permitir asoballarme e asoballarnos por ter un título. Hora que ollando como a xente lle cala, está claro que estao conseguindo.


Cando pos ao fronte dunha Comunidade a un «incompetente», que descoñece a nosa Historia pasan estas cousas. A zona que regalou tan alegremente, grazas a unha subvención foi cercada e labrada para facer un plantación, procedendo alguén de noite con premeditación e aleivosía a cortala con unha motoserra cando xa tiña os aramios tirados e destruíndo as miles de plantas de piñeiro que a empresa que ía executalo proxecto tiña apiñadas nos semilleiros. Vexase a desfeita e o panel.
Non obstante hai que recoñecer que soubo escoller aos "caladiños", porque se esta cacicada vez de facela el, que é do BNG, a fixera eu, ou calquera outro, quen os vería vir a defendernos deste roubo?

O problema é que logo de que A Xunta de Fraga acadase sentar na mesma mesa a tódolos gandeiros cos comuneiros e desde esa gozásemos dunha paz relativa, agora volven os enfrontamentos entre eles, con nós polo medio, porque esa xente sabendo que o monte é noso e que lle reclaman insistentemente ao presidente que convoque esa Asemblea Xeral de xeito urxente, segundo palabras do xefe do Distrito poden negarlle a entrada a outros, aínda que sexan comuneiros. De feito o presidente nos peches do Castrallón mentres permitiu aos seus amigos, un mesmo de Argalo, meter alí aos seus animais, a un comuneio de Resúa botáballos fora, mais dou con un máis testán que el.

Notase que o seu paso por aquí creou escola, porén para o mal. Magoa que tras estar metido na ORGACCMM e a presidir a Mancomunidade de Montes da Serra do Barbanza non aprendese o que é a Democracia e sobre todo respectar aos comuneiros e comuneiras, como fixeron nestas comunidades.


La Voz de Galicia: Comuneiros e Defensa enterran a machada de guerra tras 6 anos de disputa

Onte asinouse o convenio polo que o ministerio abonará un canon anual

Foi un acto sinxelo ao que non puideron asistir os medios de comunicación por expreso desexo de Defensa o que onte puxo fin ao pulso que, desde hai aproximadamente seis anos, manteñen os comuneiros co ministerio pola propiedade dos terreos da Brilat. Representantes de Defensa e das comunidades de Salcedo, Vilaboa e Figueirido -os de San Xulián espérase que o fagan hoxe ou mañá- asinaron o convenio polo que as autoridades militares comprometen un canon anual polo uso da parcela que ocupan as instalacións da brigada.

«É un día histórico, como o foi o da derogación do decreto da franxa de seguridade -o seu implementación en outubro do 2008 deu lugar ás reclamacións veciñais da titularidade dos terreos da base- ou como foi o da sentenza na que se recoñece a propiedade do monte», subliñou Fernando Pintos, presidente de Salcedo. «Espero que a partir de hoxe quede isto zanxado por un período o máis longo posible. Agora quédanos facer un seguimento estrito do que é o convenio. Unha paz durareira nese sentido, que nos facía falta», engadiu.

Unha das cuestións que supervisarán os veciños de Salcedo ao longo dos próximos meses atópase na demolición da aldea afgá e do campo de tiro, que se desprazarán a outras áreas da superficie cedida aos militares. No propio convenio recóllese que, unha vez asinado este documento, a Brilat dispón dun ano e medio para acondicionar esas novas zonas. Durante estes dezaoito meses, a brigada poderá seguir utilizando estas áreas de adestramento.

«Penso que este convenio e esta resolución favorece aos veciños fundamentalmente, pero tamén aos militares e a os cidadáns de Pontevedra que se van ver beneficiados dunhas cantidades económicas que veñen para a cidade. Polo feito de ter que contratar empresas son cartos que quedan aquí», remarcou Pintos.

Pola súa banda, José Luis López, da comunidade de Vilaboa, recoñeceu que, sendo un «paso importante» o que se viviu onte, a súa comunidade está aínda pendente do recurso que interpuxo Defensa contra a sentenza que lles recoñeceu titulares dos terreos. Dos encontros que mantiveron con representantes de Defensa, interpreta que existe a disposición de que, en setembro, retiren o recurso: «Esperemos que haxa boa disposición por parte deles. Entón si que sería un paso grande e definitivo».

Similar valoración realizou o presidente da outra comunidade de montes que aínda non liquidou os seus litixios, Figueirido. O seu presidente, Constantino Lamoso, asegura que «estamos pendentes deles. Estamos esperando que o retiren -o recurso- para poder cobrar os cartos. Si imos ter que esperar cinco anos, cando cheguen xa non farán falta para nada. Temos esa esperanza», conclúe.


4 comentarios:

Anónimo dijo...

Quedaros con esta perla: Nordés Porto Do Son Non permitamos que este goberno regale o público. Acude este domingo ás 19:00 horas a Casa de Cultura.
¿Quien regala en ahí lo que es vuestro?
Si che indigna o que está a acontecer coa nosa Praza COMPARTE!!!! Y si te indigna lo que está aconteciendo con vuestro monte TAMBIÉN!!!
https://www.facebook.com/1508829902699265/photos/a.1508829936032595.1073741825.1508829902699265/1514406595474929/?type=1&theater

iroite dijo...

Aida que me doy comentar isto, non nos debería de extrañar o que esta acontencedo en Nebra ca directiva actual, tratanos como si focemos os seus criados, algo moi típico dos señoritos e os vecinos tragamos... can noutras diretivas o presidente era un veciño, nese caso si que portestavamos e opoñiamonos o que nos consederamavos xusto. por moito que nos fastidei o presidente actual so e o reflexo da maneira de comportanos que temos en Nebra respeto o nos entorno. "que recibe o que non merece poucas veces o agradece." . sei que isto so e una queixa e que non vai a solucionar nada, so e para agradecerlle dalgunha maneira os que si protestan......

Paco do Martelo dijo...

Eu tamén sei que non soluciona nada, mais non por iso vou calar ante esta forma ditatorial e prepotente de diríxala comunidade, algo que nunca vin en xuntas reitoras precedentes. No tocante aos "señoritos", tes moita razón, pero claro como esa xente pódelles facer favores e sacarlles unha multa por un delito ecolóxico, entendese porque baixan a orella.

Anónimo dijo...

¿De que tes quejas? Aquí el único coherente es Paco que siempre dio la cara y cuando nos advirtió de las pretensiones del señorito, todos le dimos la espalda quedándonos con él. Esto no pasaría si el secretario, la vicepresidenta, la tesorera y los vocales no comulgasen con lo que nos está haciendo. Si fuesen coherentes y nos respetasen, su obligación era presentarle la dimisión y dejarlo solo, porque incluso a ellos los está vacilando.