Eran as 13:00h. do domingo 22 de novembro, cando dúas comuneiras sen relación algunha coa Xunta Reitora da comunidade (que se saiba) estaban repartindo, casa por casa e no coche da comunidade, a convocatoria da próxima Asemblea Xeral Extraordinaria, a celebrar o vindeiro domingo día 29.
Como se pode comprobar, vén asinada coa data do 17 e selada no Concello o 19, o que non deixa de vulnerar novamente os Estatutos e a Lei de Montes que esixen que como mínimo, a convocatoria debe ser entregada aos comuneiros con 10 días de antelación. Agora non lle poden botala culpa a Correos.
Levamos máis de seis meses sen ser convocados e coido que tiveron tempo dabondo para facelo nos prazos estipulados pola Lei. E logo son os compañeiros os que, noutras situacións, critican a dirixentes que non son da súa cor e se fai falla, mesmo se desbanca, porque entre outras cousas, dicían que os convocaba fóra de prazo.
Por se fosen poucas as irregularidades cometidas, neste momento a dirección da Comunidade está composta só polos catro directivos elixidos o 17 de maio. Os vogais sempre se elixen nunha asemblea posterior e tal asemblea aínda non se fixo, polo que nesta convocatoria debería constar un punto máis na Orde do Día para a súa elección, salvo que os "progres" se poidan saltala Lei.
Por outra banda, vexo mal, moi mal, que dende as comunidades de montes se tente facer política barata, tal e como ocorre nesta, para exemplo, vexan se non, o comentario do presidente:
Vexan se non na foto, borróns e engadidos efectuados polo presidente, na memoria da Casa de Cultura. Por outra parte, como pretendía acadar unha subvención do Concello, se a súa adxudicación fixoa de xeito irregular, como denunciei na anterior entrada?.
Mala memoria ten o presidente, debe ser como ben di na orde do día, que xa pasou dos vinte e tres. Se seguimos botando un ollo a mandatos de alcaldes, atopámonos unha lexislatura onde o seu partido gobernou en coalición con Quintáns, catro anos nos que non fixeron ren para que os veciños da parroquia máis grandes do Concello, non acadásemos a tan demandada Casa de Cultura ou, os nosos rapaces dun patio cuberto na escola (obra que agora por fin estase facendo grazas a insistencia dun grupo de nais e sobre todo de Irene De Resúa, mais agora serán outros os que correran a inaugurala.
Dende o meu posto de secretario loitei para que esta obra, o patio cuberto, fose unha realidade. Houbo unha oportunidade anterior para pedila, cando Quintáns, solicitouno cederlle o uso compartido da auga do lo local coa escola, dado que o pozo do que se abastecían, seca no verán. Mentres eu solicitaba iso, o resto de excompañeiros cederon, levando a cesión ante a Asemblea Xeral sen ningunha contraprestación e así se aprobou.
Ao final o Concello viuse na obriga de adquirir unha arqueta, dado que nos estatutos da comunidade de propietarios de augas prohíbese compartila pero non vendela. Iso foi o que tivo que facelo Concello, mercar unha arqueta, pero, ollo, que ata preto da escola fai un uso compartido da tubaria da comunidade gratis. Incomprensiblemente o permiso asinouno un exdirectivo da anterior lexislatura, no que, ao contrario que o uso compartido da arqueta, isto non foi debatido nin aprobado pola asemblea xeral.
Como se notou que ningún directivo tiña ou tivo fillos e fillas nesta escola, e polo que non se loitou coa forza suficiente de toda Comunidade, conseguírono catro abnegadas nais.
Pola contra temos que para o Punto Limpo si se esixiron contraprestacións (tarde, mal e arrastras), despois de que o presidente dilatase e boicotease a solicitude feita polo concello. Segundo unha nota de prensa do alcalde, en xaneiro de 2008 solicitou á comunidade a cesión da antiga canteira de Cadeiras.
Non será até primeiros de maio, cando sorprendentemente e mediante un panfleto do BNG, que os comuneiros temos constancia dos plans do Concello. Porque o presidente dou voz e voto ao seu partido, antes que aos comuneiros que di representar? Só el o sabe, pero a verdade é que foi unha lamentable e burda manipulación.
O día 1 de xuño convócanos para debatela solicitude e mentres no panfleto falase dunha contraprestación sen lóxica (xa que o polígono favorecerá a tódolos veciños do Concello, non só aos de Nebra, que máis ben, saímos prexudicados), na asemblea o presidente pechouse en banda e non dixo ren aos comuneiros, que cansos da súa burla, marcháronse agraviados.
Volve a convocarnos quince días despois Convocatoria na que non se cumpren os prazos legais e que na mesma se din cousas que non se correspondían co que pasou na asemblea anterior polo que, denuncio as súas anomalías. Nesa asemblea, á que non puiden acudir por motivos laborais, elíxese (a dedo, segundo me comentaron) a un grupo de comuneiros para tratar co alcalde o tema, acadándose varias obras aprol da Comunidade, das que hai que contextualizar certos aspectos:

Todo o mundo está de acordo en que era necesario construír unha casa, e convén que non se esqueza que a construímos sen a axuda dos alcaldes, EXCLUSIVAMENTE, cos medios da Comunidade: Nebra aínda é a única parroquia do Concello que non ten Casa de Cultura.Primeiro, esquecese da subvención do PRODER. Logo, descoñezo a cantos alcaldes se refire, pero se imos por orde de mandato, o último foi Manuel Tomé Piñeiro, pedíuselle algunha subvención para o local? Se así fose, onde esta nas actas, porque nas asembleas XAMAIS se tocou o tema. Pola contra, perante o mandato de Ramón Quintáns Vila, si que o tratamos nós, e tamén os anteriores xestores da comunidade.
Vexan se non na foto, borróns e engadidos efectuados polo presidente, na memoria da Casa de Cultura. Por outra parte, como pretendía acadar unha subvención do Concello, se a súa adxudicación fixoa de xeito irregular, como denunciei na anterior entrada?.
Mala memoria ten o presidente, debe ser como ben di na orde do día, que xa pasou dos vinte e tres. Se seguimos botando un ollo a mandatos de alcaldes, atopámonos unha lexislatura onde o seu partido gobernou en coalición con Quintáns, catro anos nos que non fixeron ren para que os veciños da parroquia máis grandes do Concello, non acadásemos a tan demandada Casa de Cultura ou, os nosos rapaces dun patio cuberto na escola (obra que agora por fin estase facendo grazas a insistencia dun grupo de nais e sobre todo de Irene De Resúa, mais agora serán outros os que correran a inaugurala.
Dende o meu posto de secretario loitei para que esta obra, o patio cuberto, fose unha realidade. Houbo unha oportunidade anterior para pedila, cando Quintáns, solicitouno cederlle o uso compartido da auga do lo local coa escola, dado que o pozo do que se abastecían, seca no verán. Mentres eu solicitaba iso, o resto de excompañeiros cederon, levando a cesión ante a Asemblea Xeral sen ningunha contraprestación e así se aprobou.
Ao final o Concello viuse na obriga de adquirir unha arqueta, dado que nos estatutos da comunidade de propietarios de augas prohíbese compartila pero non vendela. Iso foi o que tivo que facelo Concello, mercar unha arqueta, pero, ollo, que ata preto da escola fai un uso compartido da tubaria da comunidade gratis. Incomprensiblemente o permiso asinouno un exdirectivo da anterior lexislatura, no que, ao contrario que o uso compartido da arqueta, isto non foi debatido nin aprobado pola asemblea xeral.
Como se notou que ningún directivo tiña ou tivo fillos e fillas nesta escola, e polo que non se loitou coa forza suficiente de toda Comunidade, conseguírono catro abnegadas nais.
Pola contra temos que para o Punto Limpo si se esixiron contraprestacións (tarde, mal e arrastras), despois de que o presidente dilatase e boicotease a solicitude feita polo concello. Segundo unha nota de prensa do alcalde, en xaneiro de 2008 solicitou á comunidade a cesión da antiga canteira de Cadeiras.
Non será até primeiros de maio, cando sorprendentemente e mediante un panfleto do BNG, que os comuneiros temos constancia dos plans do Concello. Porque o presidente dou voz e voto ao seu partido, antes que aos comuneiros que di representar? Só el o sabe, pero a verdade é que foi unha lamentable e burda manipulación.
O día 1 de xuño convócanos para debatela solicitude e mentres no panfleto falase dunha contraprestación sen lóxica (xa que o polígono favorecerá a tódolos veciños do Concello, non só aos de Nebra, que máis ben, saímos prexudicados), na asemblea o presidente pechouse en banda e non dixo ren aos comuneiros, que cansos da súa burla, marcháronse agraviados.
Volve a convocarnos quince días despois Convocatoria na que non se cumpren os prazos legais e que na mesma se din cousas que non se correspondían co que pasou na asemblea anterior polo que, denuncio as súas anomalías. Nesa asemblea, á que non puiden acudir por motivos laborais, elíxese (a dedo, segundo me comentaron) a un grupo de comuneiros para tratar co alcalde o tema, acadándose varias obras aprol da Comunidade, das que hai que contextualizar certos aspectos:
- Parque infantil: parque que os directivos querían poñer a carón da estrada á Igrexa, contravindo as normas de seguridade nos parques infantís.
- Poñer en valor unha zona do río en Cornido.
- Acondicionalas pasarelas na Aguieira.
- Se legalmente fose posible, que un empregado do futuro Punto Limpo, fose un veciño, veciña de Nebra.
A citada información recibina grazas ao ex alcalde Manuel Tomé, pois o presidente xamais nos informou en asemblea que "gañamos" polos terreos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario