Aproveitando a noticia sobre unha irresponsabilidade burocrática, na que por 4 miserables metros cadrados construídos ilegalmente, unha familia veu convertida a súa casa en cascallos, decidín escribir unha nota baixo o Alias que teño rexistrado en: Inician el derribo en Codeseda pese a la fuerte oposición vecinal
Cantas casas haberá na mesma ou peor situación? Xusto a carón da miña, teño 3 chales construídos sobre terreos de Obras Publicas e aínda con iso, non tiñan os metros precisos para edificalos. Un deles, mesmo se asentou sobre o asfalto da antiga C550. A Xustiza escrebe as veces con liñas tortas.
Como a comunidade ten pendente de acatala sentenza que obriga ao presidente de turno a facelo documento que mandou o xuíz ante notario, este noso tan democrático el, negase a facelo, non vaia a ser que ao telo que presentar aos comuneiros algúns entendan que grazas a min, hoxe temos o local onde o temos.
Esta é a nota:
É triste que por unha licenza dada dun xeito irregular, unha familia vexa o seu fogar convertido en escombros. Agardemos que sexa indemnizada como corresponde, pero ese, “si no hay acuerdo se iniciaría otro litigio”. Por parte do Concello non haberá problema, porque se defenderá incluso cos impostos da familia afectada.
As sentenzas gusten ou non gusten, téñense que acatar. Lembro un caso na bisbarra dun drogodependente que cometera un pequeno furto. Co tempo rehabilitouse e xa con familia, anos despois unha sentenza absurda mandouno ao cárcere. Coido que estivo un días, mentres non chegou o indulto solicitado polo veciños.
No ano 1996 denuncio unha suposta doazón a nome duns directivos, o que en realidade fora unha compra por valor de 851.000 ptas. pagadas con fondos da comunidade.
No xuízo alegase que foi o notario quen se negou a facelo documento e que os obrigou a facelo como doazón (sic). Ao xuíz valeulle e a min tamén, o que pretendía conseguirao: anulalo e facer un de compra a prol da comunidade.
En febreiro de 1998, en asemblea aprobase pagarme os gastos e o presidente tentou facelo documento, pero encontrouse coa negativa da vendedora, que no xuízo fora declarada en rebeldía e condenada a pagarme a 7ª parte das costas. Nese medio tempo dimítenlle 2 directivos e aínda que me quixo pagar, dígolle que mentres ninguén ocupase as vacantes, esperaba. Por acordo asembleario, tódalas retiradas de fondos teñen que levar obrigatoriamente a firma de 4 directivos.
Non se lle permitiu nomear a ninguén e a causa dun accidente, non puido volver a exercer. En 2001 elíxese nova directiva que se nega a pagarme, aducindo que non estaban de acordo coa cantidade. Tiveron 3 anos para dicilo, para impugnala asemblea e para ir ao Xulgado, pero non fixeron nada porque tiñan que defenderse cos seus cartos. Dende a directiva podíanse defender cos cartos de todos no caso de que acudise á vía xudicial. Se no fixen, foi por non aumentalos gastos da “puñetera” leira, que nos vai saír a prezo douro. O único que lles dixen foi que mentres non cobrase non se atrevesen a obrar, por iso non se fixo antes o local.
En maio de 2005 pídeseme formar unha candidatura, pero ese “problema” seguía aí e non tiña moita gana de “mollarme” antes de pechalo. Gañamos, e os compañeiros prométenme acatala sentenza e pagarme, pero que mentres tanto podíamos empezar a facelo local. Non poño inconveniente, xa estaba canso de que unha pequena minoría me acusase de selo culpable de non facelo antes, pero xa o di o refrán, o gaiteiro de pago nunca ben tocou.
Na última reunión que tiven coma directivo, lémbrolles isto e o presidente é taxante, dime que acuda ao Xulgado que ía saír ben parado. Logrado os seus obxectivos políticos e comunais, expúlsame porque non estou de acordo co que fai: permitir que traballadoras da comunidade deixen o traballo para ir ao marisco, cobrando igual; adxudicalo segundo local directamente; encargar traballos comunitarios a xente xubilada e o que é peor, sen seguro de responsabilidade civil. En caso dun accidente a comunidade podía ir a bancarrota e ter que responder cos nosos cartos e por último, atravesar un agro de meu pai cunha pista e coa complicidade de Medio Rural. Esta visto que non escarmenta e fai pouco, volveu a mandar a outro veciño plantar pinos sen contrato.
Maña temos eleccións e sinto pola nova directiva, pero se nun tempo razoable non se acata a sentenza, non estou disposto a esperar máis, o local xa está feito. Publico esta nota para que os comuneiros saiban que se teño que pedila execución polas “bravas”, carréame gastos, e se o xuíz aplica a lóxica, a comunidade igual se ten que facerse cargo e o presidente, inhabilitado.
Esta sentenza non deixa unha familia á intemperie, pero o seu incumprimento está afectando a miña economía e o que é peor, cáusame prexuízos na comunidade.
No documento que adxunto, pódense ver 2 documentos da leira. Do primeiro tiña copia e foi o que presentei como proba no Xulgado. O segundo descubrino cando tomei posesión de secretario e fíxose días despois da asemblea do 21 de maio de 1994, cando nesa asemblea se había quedado en comprobala validez do primeiro.

1 comentario:
Non entendo a que vai a xente as asembleas, se despois non son capaces a transmitilo que pasou.
¿Que dixeron exactamente para xustificalos 24.000 € que a directiva gastou sen pasar por a asemblea xeral?
A xente comenta que dixeron que só gastaron da comunidade 10.000 € e como os restantes 14.000 € eran de unha subvención, que non tiñan nada que dicilos comuneiros ou bueno, polo visto ti que foi que lles fixo a pregunta.
Agradeceriache a explicación por si estabas cando o dixeron xa que se foi asi, estarian dicindo que os cartos das subvencións os manexan eles directamente.
Publicar un comentario