Amosando publicacións coa etiqueta Estatutos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Estatutos. Amosar todas as publicacións

domingo, 8 de maio de 2011

Nin apostas se pode facer peor

Por terceiro ano consecutivo, o presidente, en teoría, tivo que entregar antes do 30 de abril na Consellería do Medio Rural o censo do ano en curso... que a estas alturas de maio aínda non foi sometido ante a asemblea xeral para a súa aprobación.

Levo tres anos tentando explicar como e cando se debe facer, pero porque un fato de comuneiras e comuneiros -os menos- que ven crítica onde só hai información veraz e por iso fan moito ruído, conseguen que a maioría opte por calar, aínda que teñan que comungar con rodas de muíño. A todo isto, Medio Rural tamén debe pasar de todo, porque xunto co censo a xunta reitora debe remitirlle certificación da acta da asemblea onde foi aprobado, e sempre foron entregados antes de celebrarse as asembleas. Polo que está máis que claro, que censo que non fose aprobado antes pola asemblea xeral, non debería ser admitido pola Xunta.

Para que vexan que non son gañas de mareala perdiz, fágome eco da comunicación remitida no mes de decembro, vía web, por esta comunidade veciña aos seus representados. Comunidade que como a nosa, esta na Mancomunidade de Montes de Serra do Barbanza e na Organización Galega de Comunidades de Montes, polo que descoñezo porque que uns directivos respectan máis aos seus representados, que outros.
Ábrese o prazo de actualización do censo de comuneiras e comuneiros da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de... San Pedro de Muro

Conforme ao previsto no artigo 60 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 1371989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común; no mes de xaneiro de cada ano debe actualizarse o libro de rexistro de comuneiros/as.

O impreso de altas, baixas e cambio de titularidade pode deixalo quedar na casa da cultura da nosa parroquia, de luns a venres en horario de tarde. Pasaremos a recollelos quince días antes da asemblea.
Pero é que aínda hai máis. Neses anos "enganouse" aos comuneiros e comuneiras dicíndolles que o remitiran despois de aprobalos a xunta reitora, cando se ollamos os estatutos, desmenten a súa mentira:

Art. 8º.- Corresponde a la Asamblea General:
- La ratificación o revisión de las admisiones y bajas practicadas anualmente, con caracter provisional, por la Junta Rectora.
Art. 10º.- Son funciones de la Junta Rectora:
- La elaboración anual del censo de comuneros con expresión de altas y bajas, sin perjuicio de la aprobación definitiva por la Asamblea General.

Esta vez descoñezo que desculpan van poñer, porque segundo me comentaron varios vogais, nun ano só tiveron unha reunión da xunta reitora e neste, aínda ningunha. O que os leva a incumprir outro artigo dos estatutos:

Art. 9º.- La Junta Rectora se constituirá válidamente, previa convocatoria del Presidente  o a petición del 25% de sus componentes, con la asistencia de la mitad más uno e sus miembros. Necesariamente habrá de reunirse una vez cada dos meses...

A todo isto, descoñezo se ese censo que esta exposto na porta do local é o aprobado o ano pasado, ou presuntamente o deste.

Antes dixen:
Incumprindo a Lei e os Estatutos
Incumprindo a Lei de Montes
O descoñecemento da Lei non exime do seu cumprimento

xoves, 10 de febreiro de 2011

Os estatutos están para ser cumpridos

Aínda que este artigo teña oito anos, segue estando moi vixente. Efectivamente, os estatutos das comunidades de montes están para ser cumpridos, pero cando algún dos seus directivos se rexe por formas ditatoriais máis que demócratas, ollase que están demais. No tocante á nosa comunidade, de vez en cando pregúntome para no seu día lle pagamos a un avogado para que no-los fixera.

Tamén é verdade que os secretarios están para algo máis que ser meras comparsas do presidente de quenda ou redactalas actas. A súa obriga é asesorar na medida das súas posibilidades aos comuneiros e comuneiras e cando xurda algunha dúbida entre todos, de común acordo deberían buscar un asesoramento externo, pero o que non pode facer ningún presidente democrático é expulsalo, só porque non lle deixe manexala comunidade ao seu libre albedrío, coma se fose del.
A Comunidade de Montes de Noalla debería iniciar onte un novo proceso coa renovación da súa xunta directiva. Con todo, nun exercicio de auténtica democracia, o secretario negouse a avalar un proceso que non cumpría estritamente o marcado nos estatutos, esas normas internas que rexen o funcionamento deste tipo de colectivos pero que en moitas ocasións óbviase.

Varios comuneiros manexaron onte o libro de estatutos consultando os posibles erros cometidos e tratan de facer as cousas axustadas á legalidade. O único erro de Roberto Garrido foi non presentar a candidatura o pasado día 30 de xaneiro, data en que expiraba o prazo para facelo, cos 14 nomes que a compuñan. Garrido confiou en que ir incorporando membros á súa candidatura ao longo dos días, até onte, sería suficiente, pero na asemblea tivo que enfrontarse ao funcionamento real da Comunidade de Montes, até agora dirixida por persoas como Porfirio Fernández, que non están dispostas a consentir que os estatutos sexan interpretados, senón cumpridos ao pé da letra.

Esta actitude tan estrita serviu á Comunidade de Montes de Noalla para iniciar un proceso de reclamacións xudiciais en defensa dos intereses da parroquia que deu resultados positivos. Por iso os comuneiros reclaman a continuidade na liña de traballo.
Fonte orixinal: Diario de Arousa

Seguimos sen acatalos estatutos


Van aló dous anos e seguimos coa Xunta Reitora ilegalmente constituída xa que ningún vogal foi reelixido pola Asemblea Xeral tal e como nos obrigan os estatutos e por se fose pouco, o comuneiro que foi elixido como tal por esa mesma Xunta Reitora, segue no seu posto.
Ao contrario que pasa noutras comunidades, aquí volvémonos moi "pasotas e ninguén move un dedo para reclamala legalidade e descoñezo se Medio Rural ten coñecemento deste feitos, xa que por Lei se-lle tivo que remitir certificación da Asemblea Xeral onde presuntamente se tivo que dar conta deses nomeamentos.

Art. 8º.- Corresponde a la Asamblea General:
- La elección de Presidente y demás miembros de la Junta Rectora.

9º.- La Junta Rectora es el órgano de gobierno, gestión y representación de la Comunidad. Estará compuesta por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesorero y un mínimo de cuatro vocales y un máximo de uno por cada lugar adscrito a la parroquia. La Junta Rectora será elegida por la Asamblea General por un periodo de cuatro años y los cargos serán de ejercicio bajo obligatorio, bajo pena de sanción en caso de renuncia no justificada.

As eleccións dos comuneiros de Bahíña chegan aos xulgados

A polémica pola xestión da comunidade de montes de Bahíña chegou aos tribunais. A actual presidenta, Bárbara Pereira, o ex presidente, Antonio Mijón, o ex secretario da xunta reitora e a presidenta e o secretario da mesa electoral prestaron onte declaración nos xulgados por presuntas irregularidades nas segundas eleccións que levaron a cabo despois de que as primeiras quedasen anuladas ao aparecer máis papeletas que votantes.

Unha comuneira, María Lidia Álvarez, impugnou os resultados por unha posible constitución irregular da mesa electoral ao non estar presidida polo comuneiro de maior idade nin ter ao menor como secretario. Para iso presentou as firmas do 36 por cento dos comuneiros, entre elas a do candidato Enrique Vidal, que non participou na segundas eleccións ao non estar conforme con aquela convocatoria.

Xunta recoñecida

Portavoces da actual directiva afirmaron que non hai ningunha polémica posto que existe unha xunta reitora legalmente constituída e recoñecida polo xurado de montes. Por outra banda, afirman que a asemblea é soberana á hora de tomar decisións e a impugnación presentouse fóra de prazo.

No entanto, os comuneiros que apoian a denuncia queren que o xulgado ordene unha nova convocatoria de eleccións.
Fonte orixinal: La Voz de Galicia