|
Cabalo da Serra do Barbanza, na feira de San Marcos de Noia |
Corren malos tempos para os curros e o que poder ser peor, para os cabalos salvaxes, se os políticos e os gandeiros non se sentan a falar para acadar un acordo digno para estes animais.
A celebración, entre maio e agosto, de oito curros en montes da provincia de Pontevedra está no aire. Se non hai marcha atrás, esas citas non se desenvolverán tras a negativa dos gandeiros a implantar o microchip aos cabalos salvaxes para a súa identificación, como esixe a Consellería do Medio Rural: ...
Sabucedo, á marxe do grupo
A suspensión de curros en Pontevedra -que se iniciará o 8 de maio na Valga (Oia)- non afectará a rapa de Sabucedo, na Estrada, a de maior repercusión. Os seus organizadores levan anos implantando o chip aos seus cabalos e ven rápaa como unha tradición.
Aquí sen embargo despois de "resucitalo" o ano pasado, o próximo fin de semana (sábado e domingo) volverase a celebralo Curro da Enxa no monte de Baroña.
|
Nesta imaxe amosando parte do que sabía facer |
No hay comentarios:
Publicar un comentario